Piden a implantación dun corpo profesional de bombeiros forestais

O movemento #Hazteuncortafuegos xa leva recollidas 130.000 sinaturas e agarda chegar ás 150.000.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/08/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A total implantación dun corpo de bombeiros forestais profesionais real mediante o recoñecemento desta categoría ás BRIF. Esa é a petición realizada polo movemento #Hazteuncortafuegos que activou unha campaña na plataforma change.org.

Brigadistas de ATBRIF
Brigadistas de ATBRIF

Unha petición que xa leva recollidas 130.000 sinaturas para pedirlle ás administracións que profesionalicen os servizos de loita contra os lumes. Uns apoios que agarda que cheguen aos 150.000. No BOE 5932 recoñécese a figura do corpo de bombeiros forestais profesional, unha figura que na práctica nunca se chegou a implantar. No seu lugar, as BRIF (Brigadas de Reforzo contra os Incendios Forestais) cumpren este papel, "pero nunhas condicións de precarización laboral alarmantes", critica este movemento.

"Temos un soño: que os nosos fillos poidan seguir gozando como o fixemos nós do cada vez máis abandonado patrimonio natural do noso país. Algo que non vai ser posible se aqueles que nos encargamos de loitar contra os incendios forestais facémolo na máis absoluta precariedade", indica na petición.

Así, lembra que, desde 2012 o orzamento destinado á protección dos montes viuse reducido á metade, e as consecuencias correron tan rápidas como o lume. Desde esta data producíronse máis de 35.000 incendios, superando as 215.000 hectáreas de patrimonio natural consumidas polas chamas. Delas, máis de 7.000 hectáreas queimáronse en Galicia en pouco máis dunha semana.

Unha loita contra o lume que tamén é perigosa. Máis de 120 persoas faleceron durante a extinción de incendios nos últimos 25 anos. O máis recente deles no incendio que arrasou a illa da Palma este verán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta