A Veiga (Ourense) rexistra dous incendios forestais, un activo e outro controlado

O Concello ourensano de A Veiga rexistra este xoves dous incendios forestais que superan as 20 hectáreas de afectación, segundo informa a Consellería de Medio Rural. No resto da comunidade non hai lumes que queimaran máis desta superficie.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2016 | Actualizada ás 20:28 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Concello ourensano de A Veiga rexistra este xoves dous incendios forestais que superan as 20 hectáreas de afectación, segundo informa a Consellería de Medio Rural. No resto da comunidade non hai lumes que queimaran máis desta superficie.

O primeiro deles, en A Veiga, iniciouse na tarde do martes na parroquia de Meixide e está controlado dende as 19,15 horas do mércores, tras arrasar unhas 150 hectáreas.

O segundo iniciouse na parroquia de Riomao ás 16,00 horas deste xoves, e polo momento supera xa as 20 hectáreas calcinadas. Nel traballan un técnico, catro axentes, 16 brigadas, cinco motobombas, dúas pas, nove helicópteros e dous avións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta