Por Galicia Confidencial | Muxía | 31/08/2016 | Actualizada ás 13:00
Xa está lista a a primeira repotenciación dun parque eólico en Galicia. Trátase da repotenciación do parque eólico do Cabo Vilán, por parte de Gas Natural Fenosa, que tamén tivo críticas por parte de distintos colectivos que piden a “liberación” deste entorno natural.
A repotenciación, segundo a compañía, permitiu substituír os 22 dos vellos viraventos (23 anos en marcha) por outros 2 de última xeración. Dúas máquinas que de 3 MW de potencia cada un, case tanto como a totalidade de potencia xerada polos antigos 22 viraventos (3,9 MW), polo que haberá un incremento dun 40% da potencia autorizada da instalación. Convertese así o Parque do Cabo Vilán nun dos pioneiros en Galicia, sendo ao mesmo tempo un un dos primeiros parques construídos en Galicia a comezos dos anos 90.
Durante o proceso abriuse o debate sobre a liberación do Cabo Vilán, unha das Redes Natura máis castigadas de Galicia coa presencia do parque eólico e máis unha piscifatoría. Pero as queixas, como a falta de aproveitamento dos vellos emprazamentos para os novos muíños, non foron atendidas polas administracións.
Outra zona que tamén se verá afectada por esta repotenciación será o parque de Pemalsa en Malpica, que trocará os seus 69 muíños por só 7.
Transporte
As estampas que viviron as estradas da comarca nos últimos meses foron ben curiosas. Camións de preto de 50 metros, chegando a pesar 130 toneladas, tiveron que atravesar as estreitas estradas da zona, protagonizando certos incidentes, como cando quedou atascada unha aspa no cruce de Caxadas, en Vimianzo, cando ía camiño de Camariñas. Houbo que agardar toda unha noite para solucionar o problema.
Do medio colaborador QPC
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.