Rural.- Controlado o incendio de Lousame (A Coruña) tras arder unhas 20 hectáreas

A Xunta deu por controlado o incendio declarado no municipio coruñés de Lousame, na parroquia de Tállara, tras arder unhas 20 hectáreas de superficie.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2016 | Actualizada ás 19:25 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta deu por controlado o incendio declarado no municipio coruñés de Lousame, na parroquia de Tállara, tras arder unhas 20 hectáreas de superficie.

Previamente, a Consellería de Medio Rural informou do control do lume no Concello ourensano de Verín, que queimou unhas 50 hectáreas.

Pola súa parte, un incendio rexistrado ás 22,00 horas do mércores no Concello de Gondomar, na parroquia de Vincios, foi controlado ás 6,45 horas deste xoves tras queimar unhas 30 hectáreas de monte raso.

Por último, o incendio rexistrado o domingo na parroquia de Oseira, no Concello de San Cristovo de Cea (Ourense), foi extinguido tras arrasar 176 hectáreas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta