Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 09/09/2016 | Actualizada ás 11:00
Unha empresa tecnolóxica galega, a compostelana Plexus, acudirá o vindeiro martes a Madrid para participar na reunión das empresas españolas incluídas no primeiro informe '1.000 compañías que inspiran a Europa', elaborado por London Stock Exchange Group. A consultora estará representada polo seu conselleiro delegado, Antonio Agrasar.
Este documento, que conta co aval da Bolsa de Londres, knclúe as pemes "máis innovadoras e de maior crecemento" do vello continente e, entre elas, hai 75 firmas españolas. Plexus leva anos nun proceso de internacionalización o que lle levou a abrir unha delegación en Londres. No Reino Unido traballa en sectores como, entre outros, a tecnoloxía da información aplicada aos hospitais.
Para ser incluídas neste estudo, tal e como explicou Plexus a través dun comunicado remitido a Europa Press, as empresas necesitan demostrar un crecemento de ingresos constante durante un mínimo de tres anos e manter un compromiso firme de xeración de emprego.
En canto ao encontro profesional de Madrid, que terá lugar no auditorio Cepyme o día 13, acudirán representantes das grandes empresas, inversionistas e axentes de bolsa.
Neste foro, a firma compostelá terá a ocasión de "incrementar a súa visibilidade" entre a elite económica española e internacional e de "mellorar as súas conexións" con outras compañías que se atopan nunha fase de crecemento similar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.