AMP.- Dous falecidos e un ferido grave nun accidente provocado por un kamikaze na A6, en Aranga (Lugo)

Dúas persoas faleceron e outra resultou ferida de gravidade nun accidente de tráfico provocado por un condutor que circulaba en sentido contrario no quilómetro 546 da A6, en sentido Madrid, ao seu paso polo municipio lucense de Aranga.

LUGO | 10/09/2016 | Actualizada ás 21:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas persoas faleceron e outra resultou ferida de gravidade nun accidente de tráfico provocado por un condutor que circulaba en sentido contrario no quilómetro 546 da A6, en sentido Madrid, ao seu paso polo municipio lucense de Aranga.

Segundo informou a Garda Civil, o condutor kamikaze, un mozo de 25 anos que conducía un Wolkswagen Caddy e que faleceu no sinistro, puido circular uns 25 quilómetros en sentido contrario, entre os puntos quilométricos 560 (en Coirós) e 535 (saída Guitiriz). Dende alí volvería circular de forma contraria ata o lugar no que se produciu o accidente.

A outra persoa falecida é a ocupante dun Nissan Qashqai contra o que chocou o kamikaze. Pola súa banda, a ferida de gravidade é unha muller de 36 anos, con identidade M.R.M, que conducía un Smart que se viu implicado no sinistro, ao colisionar lateralmente cos vehículos accidentados.

Así mesmo, o CAE 112 Galicia explicou que un particular alertou aos servizos de emerxencia sobre as 15,30 horas, momento no que foron mobilizados Urxencias Médicas, os Bombeiros de Vilalba, o GES de Guitiriz e a Garda Civil de Tráfico. No operativo tamén participaron os Bombeiros de Betanzos e membros do GES de Curtis.

EXCARCERADOS

Os efectivos sanitarios enviaron ao punto ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Entre tanto, os bombeiros tiveron que excarcerar do interior do seu vehículo á muller ferida, que foi trasladado nunha ambulancia ao Hospital de A Coruña. Tamén foi necesario liberar aos cadáveres das dúas vítimas mortais.

Ademais, dende o 112 Galicia púxose en alerta ao Grupo de Intervención en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), por se fose preciso asistir os familiares das vítimas.

A consecuencia do accidente a autovía permanece cortada en sentido Madrid, á espera de que os vehículos accidentados sexan retirados e se proceda á limpeza da calzada.

A Garda Civil informou de que instrúe as dilixencias o departamento de Atestados do subsector da Coruña. O caso foi posto en coñecemento do Xulgado de Instrución de Garda de Betanzos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Aranga es de la provincia de A Coruña no Lugo