Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 09:13
.
A tolemia desatada por este feixe de fanáticos non ten politicamente ningunha explicación racional e só a psiquiatría podería atender as razóns que estos iluminados teñen para proseguir a súa carreira de sangue e morte cara a ningures.
.
Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, queremos amosar a nosa solidariedade moi especial coas familias dos asasinados e a nosa máis radical -de raíz- condena do atentado terrorista que hoxe segou dúas vidas e onte puido ter causado en Burgos unha masacre descomunal.
..
Pero desde AGAI queremos facer un chamado á reflexión.
.
Por qué desde os nosos medios de comunicación se desculpa ou se minimiza cando non directamente se xustifica, o terrorismo palestino cando as vítimas son israelís? Por qué esa dupla vara de medir?
.
Porque non é humanamente entendible nin decente, rexeitar e condenar con claridade o terrorismo perpetrado por ETA e non facer o mesmo cando é Hamás ou a Yihad islámica quen fai estoupar unha pizzería, un autobús ou un restaurante.
.
Todo o terrorismo é merecedor da nosa nausea. Tamén cando as vítimas son cidadáns israelís.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.