A AGAI pide que se equipare o terrorismo de ETA co palestino

A Asociación Galega de Amistade con Israel ben de emitir un comunicado no que, logo de condenar o atentado de ETA que lle custou a vida a dous gardas civiles en Mallorca, pide aos medios de comunicación que equiparen estas accións coas dos terroristas palestinos porque todo terrorismo é merecedor da "nausea"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 09:13

Comparte esta noticia

.

A tolemia desatada por este feixe de fanáticos non ten politicamente ningunha explicación racional e só a psiquiatría podería atender as razóns que estos iluminados teñen para proseguir a súa carreira de sangue e morte cara a ningures.

.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, queremos amosar a nosa solidariedade moi especial coas familias dos asasinados e a nosa máis radical -de raíz- condena do atentado terrorista que hoxe segou dúas vidas e onte puido ter causado en Burgos unha masacre descomunal.

..

Pero desde AGAI queremos facer un chamado á reflexión.

.

Por qué desde os nosos medios de comunicación se desculpa ou se minimiza cando non directamente se xustifica, o terrorismo palestino cando as vítimas son israelís? Por qué esa dupla vara de medir?

.

Porque non é humanamente entendible nin decente, rexeitar e condenar con claridade o terrorismo perpetrado por ETA e non facer o mesmo cando é Hamás ou a Yihad islámica quen fai estoupar unha pizzería, un autobús ou un restaurante.

.

Todo o terrorismo é merecedor da nosa nausea. Tamén cando as vítimas son cidadáns israelís.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

22 venzo

Estou a favor de que o terrorismo de estado que fai de cotío o goberno israelí, e apoia unha parte da poboacion, pero especialmente os lideres politicos. Sexa xulgado de inmediato no tribunal internacional de A Haya. E que mentras os non sea asi, se prohiban os voós e intercambios comerciais europeo-israelies. Que as suas seleccións nacionais -de calesquér deporte- participen e xoguen coas demais do seu continente, e non coas europeas. etc,etc,etc...

21 anonimus

Go Israel,Go!

20 Farrapo de gaita

Pregunta; ¿Quen inventou o estado de Israel?.Fuches ti ou a tía Manuela a de Cuspedriños de Abaixo.
¿Sabes quen goberna en ese estado hoxe?. Os que teñen a mesma ideoloxía (con matices) que os levaron aos fornos crematorios, extrema dereita pura e dura. Todo o demais son contos para non durmir e destes elementos pódese agardar de todo. Non falo do pobo xudeu, que dabondo hai voas persoas. Falo do goberno terrorista e xenocida. Enterete a fondo dalgúns soldados de israel o que contan cando foi de Gaza, ata pon a carne de galiña. Se ti defendes iso, apaga o candil e ímonos todos para o carallo.

19 Pregunta

Farrapo de Gaita; ¿sabes la diferencia entre un palestino judío y un palestino musulmán antes del 47?, supongo que no así que te la diré, los únicos a los que se les llamaba palestinos eran a los judíos, esos mismos que vinieron a luchar en la guerra civil española contra Franco, esos palestinos eran judíos. No quiero salirme de tu comentario a sí que te preguntaré si sabes con cuánto territorio “palestino” se formó Transjordania, no seguro que no la sabes. Tampoco criticas, la creación de Jordania, o de otros estados colindantes, eso a que se debe.
Tú dices que los desalmados del país vasco matan sin sentido, deberías de averiguar lo que piden los terroristas vascos y lo que piden los terroristas de Hamás, te sorprenderían las similitudes. Te diré que no sé lo que manipula esa asociación de AGAI pero sé que en la mayoría de los atentados cometidos por los de ETA suelen acometerlos contra órganos oficiales, cuerpos o miembros del estado y que en la mayoría de los casos suelen avisar. Es una pena que los terroristas palestinos no avisen a las pizzerías, panaderías, discotecas, centros comerciales, autobuses, etc de que tienen intención de cometer una masacre contra la población civil, osea: Bebés, niños, adolescentes, mujeres, hombres o ancianos. El terrorista mata sin sentido, sea de ETA o de Hamás, y aplaudir a uno y condenar a otro es a todas luces ilógico.

18 Farrapo de gaita

Hai que joderse, que terá que ver os collóns cos ovarios. Palestina é dos palestinos e os xudeos son os únicos terroristas legalizados para masacrar aos donos lexítimos de palestina, Gaza, Shatila etc, masacres que están na impunidade. Os de ETA son uns simples asasinos e punto.
Israel neste intre é un goberno terrorista coa axuda de EEUU e por desgracia de Europa.Coñezo moitos palestinos e son unhas persoas excelentes e cun nivel cultural que quen lle dera a moitos galegos.
Esa asociación galega está terxiversando e manipulando a realidade con uns desalmados do País Basco que están a matar sen sentido por algo que non ten sentido. A maioría dos bascos son xente moi noble , que non confundan estes servidores do sionismo ultra que agora está gobernando ese país imposto nos anos 40. Que non fodan a marrana que xa está ben. Non insulten á intelixencia do persoal e váianse coa orquesta a tocar a outra parte.