A AGAI pide que se equipare o terrorismo de ETA co palestino

A Asociación Galega de Amistade con Israel ben de emitir un comunicado no que, logo de condenar o atentado de ETA que lle custou a vida a dous gardas civiles en Mallorca, pide aos medios de comunicación que equiparen estas accións coas dos terroristas palestinos porque todo terrorismo é merecedor da "nausea"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 09:13

Comparte esta noticia

.

A tolemia desatada por este feixe de fanáticos non ten politicamente ningunha explicación racional e só a psiquiatría podería atender as razóns que estos iluminados teñen para proseguir a súa carreira de sangue e morte cara a ningures.

.

Desde a Asociación Galega de Amizade con Israel-AGAI, queremos amosar a nosa solidariedade moi especial coas familias dos asasinados e a nosa máis radical -de raíz- condena do atentado terrorista que hoxe segou dúas vidas e onte puido ter causado en Burgos unha masacre descomunal.

..

Pero desde AGAI queremos facer un chamado á reflexión.

.

Por qué desde os nosos medios de comunicación se desculpa ou se minimiza cando non directamente se xustifica, o terrorismo palestino cando as vítimas son israelís? Por qué esa dupla vara de medir?

.

Porque non é humanamente entendible nin decente, rexeitar e condenar con claridade o terrorismo perpetrado por ETA e non facer o mesmo cando é Hamás ou a Yihad islámica quen fai estoupar unha pizzería, un autobús ou un restaurante.

.

Todo o terrorismo é merecedor da nosa nausea. Tamén cando as vítimas son cidadáns israelís.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

12 Colonel Guillelme Vazquez

Ah, e o único terrorismo de Estado que conhecemos por aqui é o promovido pelos vossos sócios de Governo na Xuntiña e nos concelhos quando montaram a chapuza dos GAL. Calade na boca que saídes melhor na foto...

11 Colonel Guillelme Vazquez

Os mesmos que defendem o terrorismo árabe desde o nazionalismo agropopular são os que, em boa lógica, azuzam o terrorismo de "baixa intensidade" na Galiza -esse que há duas décadas se levou por diante a uma rapaza na sala Clangor de Santiago e deixou dúzias de feridose mutilados. Gudaris, que sodes uns gudaris.

10 damian

a pobreza intelectual destes comentarios, xa pon de relevo, o problema da esquerdiña propalestina de salón, e xudeofoba no fondo,como menbro de AGAI, nin recibo coimas de ninguen, a diferenza de algunhas asociacions subvencionadas, polo palestino da fundacion araguaney,e para rematar a sua forma de velo conflicto e sectaria, pobre e o mais de todo estupida.

9 Iago

Aquí estanse a confundir dúas cousas; por unha banda, qué é ou non é terrorismo e, pola outra, que estemos ou non dacordo con iso.

Que alguén lance cohetes sobre poboacións co obxetivo declarado de causar baixas civís, que se fagan explotar nunha pizzería, ou que embista co coche contra unha pandílla é terrorismo, isto é, o intento de acadar obxetivos políticos utilizando o terror contra a poboación civil.

Aclarado este punto, estaría ben que os responsables deste blogue ou os anteriores comentaristas dixesen abertamente: "si, estamos a favor do terrorismo, cando é contra xudeus israelíes".

8 Hipócritas

Señores de AGAI, xa que falan de terrorismo, comecen por condenar o terrorismo do Estado de Israel. Hipócritas!!!