Para que me entendas anónimo douche outro exemplo. A AP9.
Caducaba a concesión no 2010, imaxínaste pillar a autopista do atlántico no 2010 e non pagar?. Pois Fraga ampliou a concesión perto de 49 anos máis, unha menudencia para agradecer a extensión a Ferrol e á fronteira de portugal (obviamente coa peaxe de medio ano xa estaban feitos eses tramos , pero en fin, mellor é calar).
Unha vez feita a ampliación (A AP9 era de Caixagalicia), tachán... venta a certa empresa madrileña moi amiga do PP nacional e plusvalías millonarias a caixagalicia que (meus probes)venden o listos que son. A prensa galega cala tamaña especulación e venda de intereses galegos do PP a Madrid.
Mais unha empresa americana Citybank merca a AP9 á empresa madrileña que sufre un pouco pola súa rama inmobiliaria e precisa liquidez. Rajoy acusa a Zapatero da venda da autopista galega (¿?), e la voz fai especiales da AP9 porque as peaxes páganse aquí e cóbranse en New york (e non en madrid onde tan ben nos viña ós galegos).
Entendes anónimo?, ánimo que eres bó rapaz e seguro que o entendes, esquece o noxo ó bipartito, bifracaso, BNG, PSOE e recoñece que o PP para Galicia non é mellor que eles.
E unha puntiña máis, a empresa vendida non ten só a AP9, senón a autovía a carballo e a autovía a lalín (dozón).. feitas por Fraga e Cuiña, de peaxe e pagadas polos galegos, e voltas a pagar mil veces agora, para ben do pais.
Colle un coche e cando vaias a ribeira ou sanxenxo, ou polo carballiño e non pagues lémbrate do bipartito, e cando vaias pola AP9 (free a partir do 2010 se quixera o PP), ou a carballo ou a lalín, lémbrate dos bos que son os gobernos do PP para Galicia.
Un saúdo.