Estrella Galicia organiza un partido benéfico este venres entre exxogadores do Deportivo e do Celta

O Torneo Victoria 'Memorial Moncho Rivera' celebrará este venres a súa décima edición organizando un partido entre o Superdépor e o eurocelta en Riazor, que será o broche final a este torneo que cada ano organizan o Victoria Club de Fútbol e Estrela Galicia, segundo informa a compañía Hijos de Rivera.

A CORUÑA | 16/09/2016 | Actualizada ás 08:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Torneo Victoria 'Memorial Moncho Rivera' celebrará este venres a súa décima edición organizando un partido entre o Superdépor e o eurocelta en Riazor, que será o broche final a este torneo que cada ano organizan o Victoria Club de Fútbol e Estrela Galicia, segundo informa a compañía Hijos de Rivera.

O partido ten un carácter benéfico e a recadación íntegra doarase á Cociña Económica da Coruña e á Fundación 'Curemos o Parkinson'. As entradas poderán reservarse a través do sistema de venda de entradas online de Abanca.

Tamén se poderá facer nos clubs afeccionados da bisbarra da Coruña e Vigo e nas penas deportivistas ou celtistas. Os dous días previos á celebración do partido tamén se abrirán as taquilla do Pavillón dos Deportes de Riazor.

Previamente ao día do partido, segundo informa Hijos de Rivera, algúns dos xogadores desa etapa manterán un encontro cos medios de comunicación este xoves, na Cervercería Estrella Galicia, na Coruña.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta