A catedrática de matemática aplicada Peregrina Quintela, galardoada co Premio María Josefa Wonenburger

A galardoada é catedrática na Universidade de Santiago de Compostela e directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2016 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Este venres tivo lugar a reunión do Pleno Muller e Ciencia, onde se designou a premiada este ano co Premio 'María Josefa Wonenburger Planells' 2016. En concreto, este recaeu sobre a catedrática de matemática aplicada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Peregrina Quintela Estévez, directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).

Peregrina Quintela Estévez
Peregrina Quintela Estévez | Fonte: USC.

A Xunta creou este premio, que cumpre o seu décimo aniversario, para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos ámbitos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido dende a Secretaría Xeral da Igualdade -o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu este venres á reunión do devandito pleno-.

Dende a súa creación, foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía. É máis, trátase, segundo precisou o Goberno galego nun comunicado, de mulleres que se souberon adiantar ao seu tempo e que abriron e abrirán camiños a moitas outras.

Peregrina Quintela Estévez é catedrática de matemática aplicada na USC, especializada en modelado matemático, análise matemática e simulación numérica en modelos de física, enxeñaría e ciencias aplicadas.

Durante a súa carreira combinou a dedicación ao ensino e á investigación coa transferencia de coñecementos e a xestión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta