PONTEVEDRA | 17/09/2016 | Actualizada ás 19:47 por EUROPA PRESS
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, acompañado do director da escavación, Erik Carlsson-Brandt; da restauradora Diana Branco; e do director do Museo Etnográfico Casa do Patrón, Manuel Blanco, participou este sábado pola mañá na presentación dos achados feitos durante a campaña dos meses de maio e xuño no Castro de Doade.
Nesta, leváronse a cabo diversos traballos arqueolóxicos froito da colaboración establecida entre a Xunta e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa finalidade de completar a información sobre o devandito depósito para a súa axeitada posta en valor, segundo indicou a Xunta nun comunicado.
A intervención, dirixida polo profesor Carlsson-Brandt, contou con catro arqueólogos profesionais e, nela, fixeron prácticas un total de 12 alumnos do máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade da USC.
Despois da súa análise e estudio no laboratorio universitario, todos estes achados físicos trasladaranse á recente sala de arqueoloxía inaugurada este mesmo ano no Museo Casa do Patrón, que xa conta con máis de 3.500 pezas expostas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.