O día despois

Como sinalei no articulo anterior Nova Esquerda Socialista chama aos seus simpatizantes e ao conxunto da cidadanía a votar polas dúas confluencias progresistas desde unha perspectiva autónoma e critica.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 21/09/2016

Comparte esta noticia

Tamén sinalei que o meu voto persoal irá ao BNG con todos os meus reparos. Sigo apostando “polo cabalo perdedor”. Aínda que o perdedor de hoxe ten que ser un factor fundamental para o día despois. Xa que é necesario reconstruír un polo patriótico e rupturita no noso país.
Ata o momento a campaña desenvólvese nun clima de desinterese por parte do electorado. Con candidatos que non ilusionan nin aos seus familiares directos. Coa excepción de Feijoo que ten unha experiencia gañada no seu exercicio do goberno cun electorado fiel ás concepcións conservadoras.

Mentres a Marea sen Beiras como actor electoral, conta con votos por inercia. Pouco ou nada o seu candidato, o xuíz Villares, se diferencia do candidato socialista. Parecen ser as dúas caras da mesma moeda. Moderación, legalismo institucional etc. Quizas sexa Ana Pontón quen se perfila mais ligada aos problemas de Galicia.

Malia todo ninguén reivindica o espazo da esquerda, nin os dereitos nacionais de Galicia. Todo queda no marco do autonomísimo, maiores competencias. etc.

Este panorama sinala claramente a crise de representación da esquerda nacional galega. Por iso o día despois é o que importa, cun goberno de maioría absoluta do PP ou un goberno do reformismo progresistas dos partidos do sistema.

Nós pensamos que é necesario refundar un espazo da esquerda rupturista e patriótica galega, que se de como obxectivo estratéxico a soberanía nacional e a república socialista galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.