Os nazis galegos presentanse en sociedade

Este sábado ten lugar no polígono de "A Grela" na Coruña o Festival Finisterrac, organizado por "M.R.A. Gallaecia"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/09/2009 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

None

Este grupo é coñecido na escena skinhead de extrema dereita por agresións a opoñentes políticos e inmigrantes, está moi vinculado a CEDADE e asegura na súa páxina web que o seu obxectivo é:

Redimir ao nosso povo, à nossa naçom, à nossa pátria do jugo do estado espanhol e da usura internacional, motor e combustível do liberal-capitalismo. Entendemos que o actual processo de globalizaçom e encaminhamento cara o estado único mundial é a culminaçom de um longo devir histórico que começa tam longe de nós no tempo como no Império Romano. Os actuais estados modernos, artificiais de forma induvitável, e que sem excepçom praticarom a homogeneizaçom entre as diferentes naçons que os conformam, som um passo mais do genocídio étnico que deve levar a consecuçom de "um mundo feliz" formado por seres grises e nom diferenciáveis, onde a diferência será delito. As inumeráveis evidências amostram-nos como o liberal-capitalismo conduz-nos ao pretendido "paraiso" na terra marxista. Portanto, estamos ante o mesmo veleno com distinto sabor. Ambos compartem o mesmo objetivo, o dito "paraiso terrenal", a mesma motivaçom e concepçom ideológica da história, a materialista e lineal (coincidindo por certo com o judaísmo e a sua seita cristà), e os mesmos meios, o terror indiscriminado contra as gentes e os povos.

Ademais dispón dunha páxina no youtube con numerosos videos nos que criticas os separatismos, denuncia a política migratoria e pide un estado galego que recupere os antigos territorios da Gallaecia.

O concerto deste sábado reunirá ao grupo galego OrigeNS Gallaecia e ao bretón Bretonische Waffenverband. Grupos de esquerda anunciaron que boicotearán este concerto e xa convocaron unha manifestación para a tarde do venres. Non descartan, ademais, acudir ao lugar do concerto para tentar "rebentalo"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

36 Feo

O nacional-socialismo galego non é cousa nova... Só hai que remontarse aos tempos de Dereita Galeguista, partido nacionalista dereitista que contaba cunha á radical seguidora das ideas de Hitler e Goebbels, na que se encadraban intelectuais coma Risco. E o nacionalismo galego "de esquerdas" non ten sentido, posto que unha nacionalización nun Estado só non ten sentido, a revolución se comeza non debe parar e destruír o Estado, sen ditaduras do proletariado e merdas disas, e instaurar a democracia directa e a xestión obreira das fábricas.

35 roxo

dan asco

34 xandasbolas

Para David. Dicir que a UPG non é totalitario, totalitario pode ser o Sr Botín coas sua liberdade para estragar a cirulación de diñeiro. Persoaxe ao que tí posiblemente admires. Así nos vai, si che parece xusto que haxa tanta desigualdade no mundo, que haxa persoas que teñan gran cantidade de propiedades e fagan e desfagan por que sí. Paréceme ben que se nacionalicen unha serie de sectores productivos, como a enerxía (petroleo, carbón, eólica...) a banca (polo menos que haxa unha banca pública), etc. Non me parece ben que esté en mans de auténticos especuladores e auténticos ladrósn e aproveitados, ou non o cres así?

33 Bule bule

Queres Hipocresía?? Aquí hai unha señora que di que é filóloga que por que non entende os libros de texto do seu fillo, fai unha asociación e dedícase a manifestarse entre outros con partidarios de Democracia Nacional de Ynestrillas, coñecido camello (condenado por elo) e asasiño dun deputado do parlamento español. E iso sen contar co seu responsable de comunicación falanxista. Pois estes son os defensores da "liberdade" e da "democracia" en Galiza. Por certo, sairon moi guapos os do PP o carón da xente de Falange Auténtica.

E si...chamachesme asasiño. Pero bueno, moi propio dun votante dun partido que fai da hipocresía un arte. Tiras a pedra e logo escondes a mán como se non te deras de conta.

Xa teño bastante con aguantar os maestros da hipocresía para que me veña un discípulo a practicar comigo.

E o que considera boa a situación da comunidade valenciana, eso inclue a Carlos Fabra?? Cantas causas ten pendentes ese home??

32 anónimo

ya, pues tú puedes ser cualquier meretriz desde un lupanar, pero el tontainas que califica de excelente la situación de la Comunidad Valenciana basándose en el partido que gobierna sus instituciones autonómicas espero que aplique el cuento a todas por igual. Por cierto, el sr. MOA BaNGA al final no fué a la carcel, no?