Os nazis galegos presentanse en sociedade

Este sábado ten lugar no polígono de "A Grela" na Coruña o Festival Finisterrac, organizado por "M.R.A. Gallaecia"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/09/2009 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

None

Este grupo é coñecido na escena skinhead de extrema dereita por agresións a opoñentes políticos e inmigrantes, está moi vinculado a CEDADE e asegura na súa páxina web que o seu obxectivo é:

Redimir ao nosso povo, à nossa naçom, à nossa pátria do jugo do estado espanhol e da usura internacional, motor e combustível do liberal-capitalismo. Entendemos que o actual processo de globalizaçom e encaminhamento cara o estado único mundial é a culminaçom de um longo devir histórico que começa tam longe de nós no tempo como no Império Romano. Os actuais estados modernos, artificiais de forma induvitável, e que sem excepçom praticarom a homogeneizaçom entre as diferentes naçons que os conformam, som um passo mais do genocídio étnico que deve levar a consecuçom de "um mundo feliz" formado por seres grises e nom diferenciáveis, onde a diferência será delito. As inumeráveis evidências amostram-nos como o liberal-capitalismo conduz-nos ao pretendido "paraiso" na terra marxista. Portanto, estamos ante o mesmo veleno com distinto sabor. Ambos compartem o mesmo objetivo, o dito "paraiso terrenal", a mesma motivaçom e concepçom ideológica da história, a materialista e lineal (coincidindo por certo com o judaísmo e a sua seita cristà), e os mesmos meios, o terror indiscriminado contra as gentes e os povos.

Ademais dispón dunha páxina no youtube con numerosos videos nos que criticas os separatismos, denuncia a política migratoria e pide un estado galego que recupere os antigos territorios da Gallaecia.

O concerto deste sábado reunirá ao grupo galego OrigeNS Gallaecia e ao bretón Bretonische Waffenverband. Grupos de esquerda anunciaron que boicotearán este concerto e xa convocaron unha manifestación para a tarde do venres. Non descartan, ademais, acudir ao lugar do concerto para tentar "rebentalo"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

26 david

Pues si nos ponemos así, tu cada vez te pareces más a una mezcla de Josu Ternera y Maria Antonia Iglesias.Espero que me equivoque y no seas tan feo como la segunda, ni tan asesino como el primero.

Pero no, no te confirmo, y compruebo una vez más que la ignorancia y el analfabetismo funcional son las señas distintivas de los bloqueiros. Confundis los versos de Niemoller con los de Brecht, y las frases de Goebbels con las de vuestro camarada Lenin, que la dijo antes.

25 Bule bule

Oes David...a túa demagoxia barata venche de serie ou estudas???

Entón os grupos neonazis españois haberá que darlle as gracias ó PP, non??

Cada vez pareceste máis a Goebbels rapaz. Xa din por ahí que todo se pega menos a beleza.

Creo que ese psicópata foi o que dixo iso de "unha mentira repetida moitas veces, remata sendo verdade" non?? Ti que dominas o tema, poderíasme confirmar iso, David. Aprendeste ben.

O do bigotiño estaría moi orgulloso da xente coma ti.

24 Colonel Guillelme Vázquez

Ambrosio, vê-se que es o típico adolescente que está na etapa de ter marchado (provavelmente de modo temporário)a holgazanear um par de anos a Compostela, abandoando o colo protector de "mamá". Delata-che a tua enfermiza obsesión com o de "ser adultos", "deixade de comportarvos como rapazes", etc.
Aproveita a juventude. Milita até que te desenganes no Bloque (assim o dia de amanhã poderás contar batalhinhas aos teus filhos de quando estavas numa coisa muito semelhante à ETA ou o IRA). Deixa-che crescer as guedelhas e -quando che saia- a barba. Compra-te a discografia completa de "Fuxan os ventos", "Luar na ubre" e algum grupo raro de Bretanha ou por aí.
Já terás tempo de aburrir de ser uma pessoa adulta e sensata.
Um beijo.

23 Eu

Critican os separatismos e logo reivindican un estado galego? Manda carallo...

22 Clariño

Clarete, non sei se o que dis é con ironía, pero se os puntos suspensivos fináis non indican ironía, entón seguimos coas matracas de sempre ¿que galego de aldea? ¿É que hai so un galego de aldea ou o galego dunha aldea de Mondoñedo é igual á do galego de Camariñas? ¿Pero é que descoñecen os que falan de neolingua que cada língua -tamén o español- ten múltiples variedades dialectais e un so rexistro culto que non é real, que non existe na rúa? ¿Ou é o mesmo o español que se fala en Sevilla, do que se fala en Cádiz, no País Vasco, en Salamanca ou en Caracas?

O problema é sempre o mesmo, repítense as cousas aínda que sexan contos chinos, porque o que non se acepta é que o galego teña un rexistro culto. Mentres o falan no campo ou as capas de menor nivel cultural ou social, non pasa nada, pero cando se quere usar o galego como calquera outra língua, resulta que se está a empregar a "neolíngua", porque hai linguas superiores, como son superiores as persoas que falan español ¿Que ideloxía sostiña isto? ¡Pillabáns, pillabáns, pillabáns!