Obradoiro sobre Cervantes, El Quijote e o VII Conde de Lemos

O concello de Monforte organiza unha nova actividade para conmemorar o 400 aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes. Tal e como estaba previsto, a cidade do Cabe vai acoller a finais deste mes o obradoiro Cervantes, O Quijote e o Conde de Lemos, que versará sobre literatura e mecenado no século XVII. Trátase dun curso intensivo que se celebrará no Parador de Turismo entre os días 28 e 30 de setembro. “Este obradoiro interdisciplinar está pensado para todos públicos. O obxectivo é afondar na historia literaria, artística e cultural, analizando diferentes aspectos da vida e obra de Cervantes e, como non, da figura do Conde de Lemos, que foi o mecenas do escritor”, destaca o alcalde, José Tomé Roca.   O catedrático de Literatura Española e recoñecido experto na figura de Cervantes, José Montero Reguera, vai ser o encargado da coordinación deste curso. Por outra parte, Manuela Sáez González, doutora en Historia da Arte, é outro dos nomes forma parte deste cartel de expertos. A monfortina impartirá unha sesión relacionada coa arte durante o século XVII.   O 2016 é o ano grande de Miguel de Cervantes, pois conmemórase o 400 aniversario do seu pasamento. Tomé Roca lembra que no obradoiro que se vai impartir figuran nomes moi destacados que aportarán novas visións sobre a figura do VII Conde de Lemos e anima a  participar nestas charlas a todo o mundo interesado en afondar na nosa historia.   O obradoiro forma parte da programación de cursos de verán ofertados pola Universidade de Vigo, polo que os alumnos van ter a posibilidade de validalo por créditos de libre configuración. As persoas interesadas poden atopar máis información na páxina web do concello de Monforte e inscribirse a través da páxina web da Universidade de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 23/09/2016 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Debuxo de Miguel de Cervantes
Debuxo de Miguel de Cervantes | Fonte: lovetalavera.com

O catedrático de Literatura Española e recoñecido experto na figura de Cervantes, José Montero Reguera, vai ser o encargado da coordinación deste curso. Por outra parte, Manuela Sáez González, doutora en Historia da Arte, é outro dos nomes forma parte deste cartel de expertos. A monfortina impartirá unha sesión relacionada coa arte durante o século XVII.

 

O 2016 é o ano grande de Miguel de Cervantes, pois conmemórase o 400 aniversario do seu pasamento. Tomé Roca lembra que no obradoiro que se vai impartir figuran nomes moi destacados que aportarán novas visións sobre a figura do VII Conde de Lemos e anima a  participar nestas charlas a todo o mundo interesado en afondar na nosa historia.

 

O obradoiro forma parte da programación de cursos de verán ofertados pola Universidade de Vigo, polo que os alumnos van ter a posibilidade de validalo por créditos de libre configuración. As persoas interesadas poden atopar máis información na páxina web do concello de Monforte e inscribirse a través dapáxina web da Universidade de Vigo.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta