"¡Denantes mortos que escravos!"

Esta frase que Castelao incorporou ó escudo galego foi a que, moitos anos antes, utilizaran os membros do Terzo dos Galegos de Bos Aires cando se enfrontaron as tropas inglesas en 1806...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/11/2006 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

"O motivo principal polo cal declinamos realizar este acto na Casa da Cultura "Roberto Blanco Torres" (coñecida popularmente como Hospitalillo) xorde, básicamente, por ser esta edificación un predio fidalgo que pertenceu a unha adiñeirada familia cuntiense da liñaxe dos Núñez de la Fuente, xinea da cal procede (por parte materna) o fundador do "Terzo de Galegos", D. Pedro Antonio Cerviño Núñez de la Fuente. Así se observa nas labras heráldicas que campean na fachada principal do inmoble, así tamén se demostra nas últimas investigacións que se teñen realizado sobre esta familia (...)

Recordemos que un dos gritos de guerra que utilizaron os heroes galegos do rexemento que fundou Cerviño ("O Terzo de Galegos"), baixo a bandeira do "Reyno de Galicia" foi:

-"¡¡Muertos antes que esclavos!!".

Curiosamente este lema empregaríao o noso propio Castelao, logo de escoitalo nas terras argentinas durante a súa infancia, para confeccionar a orla que bordea o escudo que propuso para representar a "autonomía galega":

-"Denantes mortos que esclavos!!"

Con este texto achegamos copia do tríptico editado polo "Gobierno de la Provincia de Buenos Aires" con razón do Bicentenario do "Terzo de Galegos"."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

5 romualdo

Iso de "Antes mortos que escravos" o mellor é ir deixando que vaia, ho. Son folcloradas dunha época, propaganda que xa non vale, afortundamente. Deixade mortes, militarismos, terzos, escravitudes e pamemas desas para os rapaciños da AMI, que nós xa somos maiores.

4 romualdo

3 Pánico

Ave María Purísima!!VAIA LEMA O DESTA ASOCIACIÓN!.
!qUE MEDO!.ESTOU DE SALVAPATRIAS ATA O CÚ.
¿De onde saen? ¿Son lexionarios de Cristo Rey?.
O que eu digo o nazional-socialismo campa polo país.
¿Estades na vida real ou no limbo?Só xente mal da cabeza pensa como vos panda de ....paranoicos.

2 un_calquera

Ben! polas iniciativas cidadás á marxe das administracións que organizan actos deste tipo e difunden a verdadeira cultura. A cultura subvencionada (case) nunca é pura, (case) sempre vai da corda do subvencionador.
Este colectivo leva posto en marcha interesantes iniciativas desouvidas polas administracións, porque lles son incómodas. Propuxeron recuperar a figura de Xohán Xesús González (mártir do 36) dándolle nome a unha rúa da capital e Bugallo (alcalde de Compostela) respostou propoñendo a un dos do bando que o asasinaron para este mérito.
Teño ouvido tamén que denunciaron algún escándalo medioambiental na súa zona pero os governantes preferiron seguir mirando para outro lado.
Avante asociaciacionismo galego!!

1 un_calquera