O Museo de Pontevedra acolle unha xornada de visibilización da "imparable" muller emprendedora

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra celebrará o próximo 22 de outubro o terceiro 'Encontro Imparable' da rede profesional #MujeresImparables, que persegue a visibilización das emprendedoras a nivel nacional e que acolle por primeira vez a provincia de Pontevedra. A xornada está organizada polo Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra.

PONTEVEDRA | 06/10/2016 | Actualizada ás 17:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra celebrará o próximo 22 de outubro o terceiro 'Encontro Imparable' da rede profesional #MujeresImparables, que persegue a visibilización das emprendedoras a nivel nacional e que acolle por primeira vez a provincia de Pontevedra. A xornada está organizada polo Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra.

A presidenta provincial, Carmela Silva, presentou este xoves esta iniciativa acompañada pola deputada Isaura Abelairas, asegurando que a Deputación se está a converter nun referente en Igualdade en toda Europa. "Algo que me enche de orgullo como presidenta desta institución", apostilou.

O terceiro 'Encontro Imparable', despois das anteriores citas de Xerez e Sevilla, "será un evento moi fresco e dinámico, que aposta polo networking e polas conferencias curtas" nas que mulleres emprendedoras de relevancia nacional, así como mulleres galegas con iniciativas profesionais interesantes e innovadoras, falarán das súas experiencias.

Un dos obxectivos da xornada é a visibilización do liderado da muller profesional, así como a suma de sinerxías e o establecemento de novas vías de cooperación "non só entre mulleres, senón entre mulleres e homes líderes, xa que a Igualdade afecta a todas as persoas", explicou Silva.

Están previstos os relatorios da directora da área de Centros da Axencia de Innovación da Xunta de Galicia, Sonia Pazos Álvarez; da comunicadora e actriz Nieves Rodríguez; da fundadora de Emotivación e coach profesional Patricia Rodríguez; da xornalista e asesora de comunicación Carla Reyes Uschinsky; e da xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago.

O evento tamén acollerá diversos talleres, nos que as asistentas, por grupos, deberán idear un proxecto de empresa ou reconstruír a historia dunha muller "imparable" e emprendedora.

PREMIOS SOFÍA NOVOA ORTIZ

Ademais, a presidenta da Deputación de Pontevedra presentou este xoves a primeira edición dos 'Premios Sofía Novoa Ortiz' á Inclusión da Perspectiva de Xénero nos Traballos de Fin de Grao e de Fin de Máster, convocado pola institución provincial.

A convocatoria está aberta ao alumnado da Universidade de Vigo e trátase dun recoñecemento público "a unha muller modelo que se ten que converter nun referente", dixo Silva.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta