SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2016 | Actualizada ás 20:51 por EUROPA PRESS
O Grupo Nove destacou este luns que a cidade de Oviedo se rendeu aos praceres gastronómicos de Galicia durante toda a xornada da man de tres dos seus cociñeiros: Yayo Daporta (Restaurante Yayo Daporta) Daniel Guzman (Restaurante Nova) e Javier R.Ponte (Taky).
Todos eles demostraron en vivo como é a cociña galega máis innovadora, no marco da campaña 'Achégate a Galicia, achégate a Nove', que se desenvolve en colaboración con Turismo de Galicia e co patrocinio de Estrela Galicia, Cafés Toscaf, Martín Códax, Cabreiroá, Burelarte e Artesanía de Galicia.
As exhibicións culinarias realizáronse nunha moderna unidade móbil dotada de cociña e zonas de degustación, multimedia e expositiva, que estivo estacionada durante toda a xornada de hoxe na céntrica Praza do Marqués, e que multitude de viandantes tamén puideron visitar de 11.30 a 14.30 horas e de 17.30 a 21.30 horas.
Os cociñeiros mostraron o seu dominio culinario nos tres 'showcookings' desenvolvidos durante a xornada deste luns nos que puxeron de manifesto a importancia dos produtos elixidos e as características das elaboraciones.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.