Nace a edición galega de El Pais

Hoxe deu comezo a edición galega de El Pais, con un cuaderniño central de 88 páxinas a toda cor (con só catro artigos en galego) e unha entrevista a Emilio Pérez Touriño. Dende Galicia Confidencial desexamoslle moi boa sorte a todos os compañeiros que se teñen embarcado neste novo proxecto... Tamén La Voz de Galicia publica outra entrevista con Anxo Quintana, sobre o proceso da XII Asamblea Nacional.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/11/2006 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

5 Estevo das Estrivadas

Falar de xornais plurais dáme a risa. O que teño claro é que eu non vou mercar ese xornal. E desde logo, prefiro mercar o ANT.

4 Un

Concordo co comentario de "Pendencias". Ten a súa explicación o cambio que se vai producir de La Voz para El Pais. Se os dous fan unha edición galega, con información feita aquí, e ademais un deles vai representar un abano de opinión que vai dende o liberalismo (no antigo sentido que se lle daba a esa palabra) ate´posicións temperadas de esquerda, eu tamén opto por El Pais.
Respecto ao comentario que fai "lagaitaenlacabeza" os meus respectos como non pode ser doutro xeito, mais acho que non cómpre dicir nada del.

3 pendencias

Pois. Eu recorro ao "Público", laplazadetorosenlacabeza.

2 lagaitaenlacabeza

jajajaja, altavoz del psoe, y nacionalista español. Evidentemente el país tiene muchas deficiencias, pero es bastante plural, y desde luego, dentro de la mediocridad de nuestra prensa es el mejor periódico de España (y por lo tanto Galicia). Pero bueno, es lo que tiene la pluralidad, siempre puedes recurrir a A Nosa Terra, el sosias del NYT en galicia

1 pendencias

Benvida sexa. Oraben, non hai que esquecer que El País é o que é: un altofalante do PSOE e máis un xornal nacionalista espanhol. Touriño ten razóns para estar contento porque agora, por se non tiña suficientes, ten un bo aliado na casa traballando para el. Non así o BNG.
El País ai entrar en disputa polo mercado dos leitores da Voz así que haberá que ver que consecuencias nas liñas editorais trae isto. O previsibel é: loureiros para o PSdG-PSOE, golpes baixos e ataques (mas de bo talante, eh?) contra o BNG e a habitual liña formal, só formal, anti-PP.
O paradoxo vai ser o de sempre, os simpatizantes do nacionalismo de esquerda galego van-se pasar a comprar o xornal do españolismo de centro progre de El País...