Por GC Emprende | A Coruña | 14/10/2016 | Actualizada ás 14:27
A crise económica reduciu considerablemente os agasallos que reciben os empregados polas festas de Nadal. Moi lonxe parecen os tempos de 2011 nos que, por exemplo, o Goberno de España se gastaba 2,1 millóns de euros en cestas para os seus empregados.
Algo similar sucedeu coas familias. Nos tempos do boom económico, segundo datos do Ministerio de Agricultura en 2007, o 2,2 por cento dos fogares compraba algún tipo de cesta para si ou para a familia e un 9 por cento facíao como agasallo. Máis do 50 por cento das familias aseguraba recibir algunha cesta por esas datas e estimábase que as empresas regalaban máis de 1,4 millón de cestas cada Nadal.
A recesión económica reduciu este mercado case á metade pero, asemade, impulsado polo crecemento do comercio electrónico, disparouse a competencia e diversificouse moitísimo as ofertas. Se antes a penas había unhas poucas opcións de diferentes tipos de cesta; hoxe pode encargarse pola Rede unha infinidade diferente de cestas, lotes, paquetes máis cativos, caixas de aceites, xamóns, etc. Como sucedeu noutros sectores económicos, a recesión supuxo unha reconversión importante do sector, pero non como se chegou a temer a finais de 2008 -cando nun só ano o sector caeu case un 30 por cento- a súa desaparición.
En definitiva, son menos que antes pero aínda así son bastantes numerosas as compañías e administracións que seguen querendo ter un detalle cos seus empregados e amigos nesas datas tan especiais. Un bo consello para os xerentes que non queren evitar as sorpresas de última hora e facer os deberes con tempo e ir seleccionando un provedor de confianza.
Para tal fin, a Internet ofrécenos un feixe moi amplo de posibilidades. Unha opción a ter en conta para aqueles que non queren prexudicar demasiado o seu peto son os lotes de navidad. Con tempo podemos atopar ofertas realmente económicas. Por exemplo, en Navipack o máis barato parte de só 8,8 euros e inclúe cava, viño branco, viño tinto, turrón de chocolate, turrón con frutos secos, polvoróns e barquillos. Aqueles que prefiran a tradicional cesta de navidad terán que gastar algo máis, dende uns 40 euros a máis barata . Hainas tamén de auténtico luxo, que inclúen verdadeiras delicattesen como xalea real de rosas, paté de perdiz vermella, xamón ibérico de porcos alimentados só con bellotas e whiskey de 12 anos. Claro que nestes casos, os prezos poden dispararse até case os 500 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.