Adicae Galicia celebra o martes en Vigo un foro orientado á formación crítica e responsable dos cidadáns

A asociación de consumidores Adicae Galicia celebrará o próximo martes, día 25, na Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo un 'Foro territorial de debate sobre educación financeira crítica', que ten como fin formar os cidadáns para que "miren polos seus dereitos e non polos da banca e as grandes empresas de consumo".

VIGO | 19/10/2016 | Actualizada ás 20:06 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A asociación de consumidores Adicae Galicia celebrará o próximo martes, día 25, na Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo un 'Foro territorial de debate sobre educación financeira crítica', que ten como fin formar os cidadáns para que "miren polos seus dereitos e non polos da banca e as grandes empresas de consumo".

Segundo comunicou a organización, en Galicia hai "máis de 170.000 cidadáns" que "non recuperaron os seus aforros tras ser vítimas de fraudes financeiras" como as cláusulas chan e as preferentes e, ademais, os galegos "están expostos a novas ameazas" como abusos hipotecarios, polo que remarcou que é "imprescindible unha educación financeira crítica e independente".

Con este obxectivo, este foro por un lado abordará a educación financeira dentro do sistema educativo -coa intervención de tres docentes da área de Vigo-, e polo outro centrarase nas necesidades e os retos da educación financeira.

Este evento enmárcase no proxecto de Adicae, en colaboración coa Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición, 'A educación financeira como ferramenta clave para a protección de colectivos de consumidores vulnerables' polo que organizou distintas actividades formativas, xornadas, talleres e concursos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta