Descuberta nova escultura do Pórtico da Gloria do Mestre Mateo na Catedral

Mide máis de 1,80 cm e estaba oculta e enterrada nos alicerces da Catedral de Santiago. A intención da Igrexa é dala a coñecer nunha exposición en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/10/2016 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A Fundación Catedral de Santiago presentou esta mañá o descubrimento dunha nova obra do Mestre Mateo. Trátase dunha estatua-columna duns 1,85 metros de alto. É unha figura descalza, sen ás, probablemente un apóstolo.

Imaxe da escultura do Mestre Mateo descuberta na Catedral de Santiago
Imaxe da escultura do Mestre Mateo descuberta na Catedral de Santiago | Fonte: Fundación Catedral de Santiago

Segundo explicou Daniel Lorenzo, director da Fundación, apareceu na torre sur do templo, durante os actuais traballos de restauración. O descubrimento, ademais do seu indudábel valor histórico, ten certo misterio. A escultura estaba oculta e enterrada nun pequeno espazo da base desta parte da Catedral de Santiago.

Os expertos aseguran que pode ser do período de entre 1200 e 1215. A hipótese máis probábel é que proveña da desaparecida fachada do Pórtico da Gloria na época medieval.

A peza está completa salvo a cabeza. Unha posíbel explicación é que durante algunha obra posterior alguén desbotase esa peza. O común  daquela era decapitar as estatuas que se retiraban. A Fundación cree que foi depositada onde apareceu ao redor do século XVI.

Daniel Lorenzo asegura que a peza será presentada publicamente o próximo mes. En concreto, o 28 de novembro,  nunha exposición fóra de Galicia, no Museo do Padro en Madrid, que xa tiña programa unha mostra sobre o Mestre Mateo, figura clave para entender a escultura daquel período. Lorenzo explicou en rolda de prensa que a peza permitirá un mellor coñecemento de como a Catedral de Santiago rematou tendo o seu aspecto actual.

Rolda de prensa de presentación da nova escultura do Mestre Mateo na Catedral de Santiago
Rolda de prensa de presentación da nova escultura do Mestre Mateo na Catedral de Santiago | Fonte: via lactea

Segundo explica Historia de Galicia nun artigo sobre as pezas perdidas do famoso escultor, o Pórtico da Gloria non foi a única gran obra do Mestre Mateo e da súa escola. As magníficas esculturas que adornan a entrada principal da Catedral de Santiago, e que agora están sendo obxecto dunha minuciosa restauración, teñen irmáns e irmás espallados por distintos puntos de Galicia. Un patrimonio riquísimo que se foi perdendo ao longo de centos de anos e que hoxe reaparece dando unha sorpresa maiúscula.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Hermerico

A igreja espanhola leva o nosso património para Madrid, onde está toda a nossa lírica medieval. É o que tem ser umha colónia

4 PriscilianoFurador

decapitada??? e Prisciliano! Todos a unha Bacanal Prisciliana na catedral! peregrin@s benvidos

3 Galizavencerá

O Pórtico da Gloria e a Catedral enteira son símbolos fascistas que deberan desaparecer. Non chega con que Martiño plante a ofrenda. Hai que incautar igrexas e conventos, pazo arzobispal e proibir as manifestacións supersticiosas, alienantes, das peregrinacións. Compostela Aberta ten que tomar medidas xa. Os demócatas ainda confiamos no alcalde rebelde.

2 Ramón

Fan ben, debía ir o bispo con todo o seu séquito a levala, e, xa postos, quedarse alí "per sécula...". Pandilla de mangantes.

1 DAMA DE ELCHE

O mellor foi cando desmontaron todo para véndelo os ingleses nos tempos das guerras napoleónicos, impedide o expolio si vai a mandriles o corrupteiro marijuanato cometerán un-ha nova traizon e herexia contra o noso país NON DEIXEDES QUE EXPAÑA ROUBE O NOSO!!!-