"La Coruña, con L de Libertad", rechazado nos autobuses urbanos

Coruña Liberal acaba de denunciar que a empresa que xestiona a publicidade dos autobuses urbanos da Coruña rechazou a contratación dunha campaña co lema "La Coruña, con L de Libertad"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/11/2009 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

urbanos de La Coruña ha rechazado nuestra oferta de contratación,

conforme a su tarifa de precios, de una campaña por la cooficialidad

lingüística -que es la regla general- también en la toponimia -que es la

excepción. Una excepción carente de justificación-.

La campaña llevaría el lema "La Coruña, con L de Libertad", y en ella se

explicaría que lo que pretendemos, con el respaldo de asociaciones de

vecinos, comerciantes, cívicas en general  y ciudadanos a título

singular, es la cooficialidad de los nombres en los dos idiomas, allí

donde existen, y no, como hicieron los normalizadores compulsivos,

sustituir el nombre oficial actual, por el expulsado de la

cooficialidad. No es una campaña revanchista, sino reparadora. Pero no

ha sido posible: el que manda en la publicidad de los autobuses públicos

-una extensión directa del poder municipal- ha dicho que nada de

política antes de las elecciones".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

29 Un que leu

Epéntese castelá en Coruña?

Ata onde eu sei, a epéntese ni es de aquí ni es de allá. Xa me gustaría saber, en todo caso, que lei fonética propia do castelán e impropia do galego fai xurdir unha vogal en tal contexto. Hei preguntar, pero moito me estraña.

28 COR-es

Oleeee Clariño, agora "coruña" é un topónimo castelán...claro como "COR-cubión", "COR-istanco" (Cristanco, nonsi?, segundo as túas malas interpretacións do que dixo o CCG), COR-tegada, COR-me, CORR-ubedo,COR-villón...miraches ti que prefixo máis bonito atopamos na toponimia costeira da Galiza?

O prefixo COR de A Coruña é de orixe céltica e ten o mesmo significado que o de COR-nualles.

27 Curioso

Vaia Clariño, que curioso, xa que non fai moito houbo uns que quixeron utilizar o termo aceptado pola RAG de Galiza e alguns dos poderes facticos de La Coruña puxeron o grito no ceo (Santiago Rey, Paco Vazquez, etc) ou sexa toda esa clase social de Coruña que aboga pola liberdade de eleccion e cooficialidade. Eses argumentos non servian cando se escribia "Xunta de Galiza" e se botaban as mans a cabeza por ter unha "comunidade" con dous nomes oficiais. Por certo, non creo que deteñan a ninguen na rua por decir La Coruña, outra cousa é o nome oficial que debe de ter. Non coñeco moitos casos de concellos no ambito español con varios nomes oficiais.

26 Clariño

Estevo das Estivadas, falas de aceptar o topónimo galego, pero ocorre que "A Coruña" non é o topónimo galego senón a mistura do artigo galego "a", coa epéntese castelán Coruña que procede do galego Cruña. Que xa recoñeceu en 1994 o Consello da Cultura Galega que o topónimo galego sería Cruña.

Bule bule, digo que toda a cidade está a favor da cooficialidade, que non fai dano a ningúen, salvo os do BNG. Porque non pensarás que os votantes do PP ou os do PSOE están contra a cooficialidade, porque se fora así, qué papelón o de Losada e o de Negreira pedindo no pleno ou por carta a Feijóo a cooficialidade.

Pablo: falas dos topónimos en galego, que teñen que estar así por algo científico-histórico. Bueno, eso porque ti o digas. Hai un bo número de concellos que mudaron de nome, agora mesmo recordo o actual Val do Dubra que nos 50 cónstame que se chamaba Buxán; Cabana de Bergantiños era antes Cabana; San Petersburgo era antes Leningrado, Ferrol era antes do 82 El Ferrol del Caudillo, e antes do ano 1938? El Ferrol. Os topónimos cambian, como cambian os nomes das rúas ou os microtopónimos.

undaló: moitas grazas home, respeto, tolerancia, mesura, o que fai falla nesta terra.

Para concluir, lembro que hai unhas semanas o diario de maior tirada e difusión en Galicia, ou sexa, La Voz de Galicia (lamento que este nome fira algunha sensibilidade), fixo unha enquisa para saber que topónimo usaba a xente. A enquisa estivo colgada nas páxinas de Galicia e logo pasou ás da edición local. Ao longo das semanas os resultados mantivéronse constantes cos seguintes resultados:

60% La Coruña
30% A Coruña
10% Coruña

Chegou unha mañán, lembroo moi ben, e algún dos tramposos de sempre, como non podían dar votos negativos, adicáronse a votar de xeito compulsivo en favor da opción A Coruña, de tal xeito que hora a hora a opción A Coruña subía de cen en cen votos, até que chegou a superar a La Coruña que se mantivera coas cifras que dixen durante semanas. Ante o fraude, retiraron a enquisa, pero a lembro como un datos mais para coñecer que a maior parte da poboación, ou sexa, os votantes do PP e PSOE, ou mais dos 2/3 das asociacións de veciños queren cooficial La Coruña, que non fai dano a ningúen.

E que non me conten que non é un tema importante, porque senón fora tan importante, non habería tanta oposición por parte dos nacionalistas; non houberan sacado o ele do adorno floral que había á entrada desta cidade, que Paco Vázquez ordeaba repoñer cada semán, e os nacionalistas, volvían a arrancar; e senón fora tan importante, os da Mesa non haberían ido a pleito. A realidade social é a que é, e a inmensa maioría dos habitantes desta cidade queren recuperar como oficial o nome castelán da cidade, o mesmo que recomenda usar a RAE, salvo que ao cidadán impídallo a lei, e a xente quere que a lei non llo impida.

25 Reimone

Pero que raio lles pasa os coruñeses ou la coruñeses ou como raio sexa???
Cando a lei non gusta hai que cambiala?
Por que non é co-oficial deixar de pagar o IVE, de forma cordial???