"La Coruña, con L de Libertad", rechazado nos autobuses urbanos

Coruña Liberal acaba de denunciar que a empresa que xestiona a publicidade dos autobuses urbanos da Coruña rechazou a contratación dunha campaña co lema "La Coruña, con L de Libertad"...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/11/2009 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

urbanos de La Coruña ha rechazado nuestra oferta de contratación,

conforme a su tarifa de precios, de una campaña por la cooficialidad

lingüística -que es la regla general- también en la toponimia -que es la

excepción. Una excepción carente de justificación-.

La campaña llevaría el lema "La Coruña, con L de Libertad", y en ella se

explicaría que lo que pretendemos, con el respaldo de asociaciones de

vecinos, comerciantes, cívicas en general  y ciudadanos a título

singular, es la cooficialidad de los nombres en los dos idiomas, allí

donde existen, y no, como hicieron los normalizadores compulsivos,

sustituir el nombre oficial actual, por el expulsado de la

cooficialidad. No es una campaña revanchista, sino reparadora. Pero no

ha sido posible: el que manda en la publicidad de los autobuses públicos

-una extensión directa del poder municipal- ha dicho que nada de

política antes de las elecciones".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

69 anonimus

a culpa e dos audis,que os visten coma un seat

68 Clariño

manu: mira, concordo contigo en que nesta cidade hai moita tontería co galego. Vai a menos, afortunadamente, pero unha cousa é a promoción do galego e outra o topónimo. Esa é a miña postura, que non sei se coincide ou non con alguén cousa que dame o mesmo. É ilóxico que un topónimo que ten tras si unha cultura escrita de 800 anos deixe de ser oficial, contra a demanda maioritaria dos coruñeses, contra o que di a ONU, e contra o sentido común. É cousa de tempo, recuperarase porque a cidadanía o quere, e leva 26 anos con esa demanda, e segue sendo maioritaria.

Un que leu: sen dúbida o Galiza (e variantes) e maioritario na documentación medieval escrita en galego. Pero Galicia tamén esta presente. Dunha consulta ao Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega resulta que aparece en 3 casos do século XIII, outros 3 do XIV, e mais 2 do XV.

A considerable distancia de Galiza para a que resultan 85 casos no século XIII, 37 no XIV, e 82 no XV. Logo é certo que existían Galicia e Galiza.

No caso da Coruña, resulta que non aparece nos documentos galegos até o século XV con tres casos, o primeiro de 1465.

Recoméndame prudencia sobre o que digo que ninguén escoitou na casa eso de Galiza como non sexa en ámbitos nacionalistas. Ben, agradezo o consello, pero tampouco me demostra vostede que alguén no século XX, ou no XIX, mamara na casa Galiza. Co cal, penso que segue a ser certo que Galiza é un termo que se recuperou por parte do nacionalismo, así que non sei a que ven a súa recomendación.

O caso da Coruña é o inverso. É o termo galego na Idade Media, e son excepcións os tres casos do século XV, dabondo tardíos como para non sospeitar con fundamento dunha contaminación do castelán. E o que quero dicir, en definitiva, é que resulta incoherente defender a recuperación de Galiza (ou xoves, ou diferenza), e non aplicar o mesmo criterio con Cruña, porque os que defenden Galiza, resulta que teiman unha e outra vez con que Coruña é o topónimo galego. Pois non, Coruña é a denominación que se impuxo en galego por influenza do castelán, ao igual que Galicia impúxose tamén en galego por influencia da lingua de castela.

En canto ao que fan os americanos, eu non so falei do caso de Calabasas, ou da supresión do artigo La na Florida, senón que puxen outros exemplos nos que houbo adaptacións: Key West era Cayo Hueso; Saint Agustine era San Agustín e Cayo Vizcaíno/Key Biscayne. Supoño que convirá comigo en que o inglés adaptou os topónimo orixinais. Como en todas partes. En Galicia o castelán adaptou Cruña que pasou a ser Coruña, pero non adaptou Carballo ou Chantada.

En canto á ONU, ¿é certo ou non que as conferencias da ONU para a normalización dos nomes xeográficos aceptan os exónimos? É certo que recomendan non crear novos exónimos, pero os que están firmemente arraigados, acéptanse. Logo non sei a que ven dar por sentado que os topónimos oficiais teñen que ser os orixinais. Esto último non sei se o sostén vostede, pero dise, aquí en GC, tamén.

67 Un que leu

Posibles colofóns.

A epéntese en galego: coroza.

Vai ser complicado, talvez, determinar cando se usa o artigo e cando non con certos topónimos, procedentes de termo común e moi estendidos: a Carballo engadamos, só que sexa, Souto.

En Euskal Herría hai auténtica duplicidade de termos: a miúdo, na fundación levou nome romance un núcleo urbano emprazado en lugar de vello asentamento prerromano que tiña nome vasco. Nada que ver, parece, co caso galego; pero nada.

O dos topónimos intraurbanos ten moito que contar: nomes gremiais, mudanza política, remudanza... Rúas e espazos da Cruña/Coruña, Lugo, Pontevedra... Moito daría de si, quede logo para outra posible vez.

66 Un que leu

Non o dou seguido; cientificamente, quero dicir. Segundo vostede, o termo galego é indudablemente Cruña (por maioritario na documentación antiga) e non o é Coruña; pero Galicia, parece que en análoga e minoritaria tesitura có anterior -e tendo este dobrete probablemente moitos máis testemuños rexistrados-, é un termo galego, que convivía con Galiza (Galiça, etc.). Recoméndolle prudencia no uso de expresións excluíntes do tipo ‘Ninguén ten memoria…’ Noutra orde de cousas: escoitaría vostede algunha vez, en ámbito coloquial espontáneo e transmitido á marxe do libro, doméstico se quere, o inequivocamente galego termo diferenza? E xoves?

Os americanos poden ser exemplares nalgunhas cousas, pero obviamente transformaron topónimos: nin o neguei (reléame con algunha atención, se lle parece) nin o nego; ora que entender a supresión do artigo como deturpación, ou dúas alteracións ortográficas (inciso: sabe vostede cal é a orixe da grafía ‘b’ no castelán boda?) por causa do seseo rexional, non sei se me parece un tanto abusivo; ou pouco peneirado.

Por último, que hai présa, e sen teses: a ONU recomenda, a ONU acepta. Que eu saiba, a ONU debe aceptar a lexislación oficial galega en materia lingüística, principalmente se coincide coas súas recomendacións. Convén afinar o argumentario; non sexa que as bombas queden en foguetes.

65 Un que leu

Non o dou seguido; cientificamente, quero dicir. Segundo vostede, o termo galego é indudablemente Cruña (por maioritario na documentación antiga), pero Galiza, parece que en análoga tesitura e probablemente con moitos máis testemuños, é un termo galego, que convivía con Galiza (Galiça, etc.). Recoméndolle prudencia no uso de expresións excluíntes do tipo 'Ninguén ten memoria...' Noutra orde de cousas: escoitaría vostede algunha vez, en ámbito coloquial espontáneo e transmitido á marxe do libro, doméstico se quere, o inequivocamente galego termo diferenza? E xoves?

Os americanos poden ser exemplares nalgunhas cousas, pero obviamente transformaron topónimos: nin o neguei (reléame con algunha atención, se lle parece) nin o nego; ora que entender a supresión do artigo como deturpación, ou dúas alteracións ortográficas (inciso: sabe vostede cal é a orixe da grafía 'b' no castelán boda?) por causa do seseo rexional, non sei se me parece un tanto abusivo; ou pouco peneirado.

Por último, que hai présa, e sen teses: a ONU recomenda, a ONU acepta. Que eu saiba, a ONU debe aceptar a lexislación oficial galega en materia lingüística, principalmente se coincide coas súas recomendacións. Convén afinar o argumentario; non sexa que as bombas queden en foguetes.