Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/11/2016 | Actualizada ás 10:35
O vindeiro 27 de xaneiro conmemórase o Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. Unha data na que se tenta lembrar aos millóns de mortos que o réxime nazi causou entre o pobo hebreo durante a II Guerra Mundial.
Por iso, e un ano máis, a Asociación Galega de Amistade con Israel (Agai) reclámalle a todos os grupos parlamentarios que impulsen unha declaración conxunta na que se poña en valor esta conmemoración.
Este luns o presidente desta entidade, Pedro Gómes-Valadés, fixo entrega no Rexistro do Parlamento de Galicia do escrito coa solicitude desta conmemoración dirixida ao Presidente da Cámara e aos voceiros dos Grupos Parlamentares do Partido Popular, PSdG-PSOE, En Marea e Bloque Nacionalista Galego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.