Los Suaves suspenden o seu concerto de despedida en Ourense

A situación de saúde dun dos compoñentes, Yosi, impiden ao grupo estar na cidade das burgas o 17 de decembro.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 08/11/2016 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

O gravísimo accidente que sufriu Yosi o pasado 23 de xullo en Santander impedirá ao grupo Los Suaves despedirse en Ourense, a súa cidade natal, tal e como terían desexado e tiñan anunciado desde hai meses.

Integrantes do grupo Los Suaves con José Manuel Baltar
Integrantes do grupo Los Suaves con José Manuel Baltar | Fonte: FB JM Baltar

O cantante aínda se está a recuperar das lesións sufridas e non está ao “100%” para poder subir, de novo, aos escenarios, tal e como informou o grupo a través dun comunicado. Por iso, víronse na obriga de cancelar o chamado Concerto de Despedida, previsto para o vindiero 17 de decembro no Espazo ExpOurense. 

“Só os médicos poderán dicir cando estará reposto totalmente, despois de estar ingresado nos Hospitais de Valdecilla e CHOU de Ourense hoxe atópase en tratamento de rehabilitación. Desexámoslle a Yosi unha satisfactoria recuperación”, sinala o grupo.

O Xuízo Final”, como o grupo se referiu a ese concerto, non se poderá celebrar. Polo tanto, procederase a devolución dos cartos das entradas, vendidas xa todas de antemán. “En breve anunciarase a data desde a cal se comezará a devolver o diñeiro aos miles de seguidores que compraron e esgotaron anticipadamente as entradas”, conclúe.

Integrantes de Los Suaves
Integrantes de Los Suaves
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Lisardo

Encántanme Los Suaves, pero mira que poñer unha foto deles con Baltar, son ganas de f.

1 Fer

É a realidade por partida dobre: os roqueiros duros que se deixan querer polo cacique e Galicia Confidencial que non perde ocasión para impulsar a imaxe do neno Baltar. A realidade non sempre é agradable!