Sufocado un incendio que afectou a unha casa en Caldas de Reis (Pontevedra), pero non houbo feridos

Efectivos de extinción sufocaron un incendio declarado a última hora da tarde do martes nunha casa no termo municipal de Caldas de Reis (Pontevedra), pero non houbo persoas feridas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2016 | Actualizada ás 09:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Efectivos de extinción sufocaron un incendio declarado a última hora da tarde do martes nunha casa no termo municipal de Caldas de Reis (Pontevedra), pero non houbo persoas feridas.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o lume afectou "a boa parte" da vivenda, situada no lugar de Follente, en Bemil, na localidade de Caldas de Reis.

As lapas arrasaron por completo o tellado e o último andar da construción, segundo concretou o servizo de emerxencias, que recibiu o aviso ás 18,40 horas do martes.

O Centro de Atención ás Emerxencias alertou os Bombeiros do Salnés e ao GES de Valga. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local. O lume quedou extinguido sobre as 20,30 horas.

Por outra banda, en Gondomar (Pontevedra) un transformador eléctrico ardeu na noite do martes. O incendio declarouse na fachada dun edificio situado na rúa San Bieito sobre as 23,00 horas.

O 112 Galicia mobilizou aos Bombeiros do Baixo Miño e ao GES do Val Miñor. Tamén se informou a Policía Local e á Guardia Civil, así como á compañía eléctrica responsable das instalacións.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta