Todos os partidos galegos renden homenaxe a figura de Castro

A morte de Fidel Castro desatou, como era de esperar, múltiples reaccións na escena política galega. A gran maioría delas son positivas para o líder revolucionario de ascendencia galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/11/2016 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Incluso dende o PPdeG, o ex-presidente cubano recibiu certa consideración. Así, o vicepresidente da Xunta declarou que Castro “foi un referente” que pasará a historia como, iso si, un personaxe “controvertido”. “Será a historia quen o teña que xulgar” declarou este domingo Alfonso Rueda. Nunha entrevista en Radio Galicia, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, deu as condolecias ao pobo cubano e destacou os vínculos de Fidel con Galicia.. 

Mozos de Galiza Nova na homenxe a Fidel en Santiago
Mozos de Galiza Nova na homenxe a Fidel en Santiago | Fonte: Galiza Nova

Dende a esquerda, En Marea destacou o carácter antimperialista da revolución caribeña. O voceiro parlamentar subliñou que Fidel Castro deu aos cubanos "as aspiracións vitais e a capacidade de vivir fóra da bota yanki". Luís Villares engadiu que o falecido  "canalizou as ansias de liberdade de todo un pobo en clave de transformación igualitaria".

Tamén no BNG a figura de Castro suscita aplausos. Ana Pontón cualificouno de referente da loita polos dereitos dos pobos, polos dereitos humanos". Para a líder nacionalista Cuba demostrou con Fidel que un país pequeno pode loitar contra un “imperio”. "Os éxitos da revolución cubana quedan aí, pódense comprobar no propio país", declarou o sábado a política nacionalista. As mocidades do Bloque, que onte tiñan Asemblea, participaron esta mañá unha homenaxe ao “comandante” en Santiago. Na zona vella tamén lle rendiu homenaxe un grupo de militantes de esquerdas, nacionalistas e independentistas, como a deputada de En Marea militante de EU Eva Solla. Por parte de Podemos tamén se defendeu a figura do comunista caribeño. “A democracia é libertade pero tamén condicións materiais” declarou a deputada Ángela Rodríguez antes de pedirlle aos críticos con Fidel que “non demos leccións de democracia sen ter en conta as condicións materiais”.

Dende a CIG, un dos tres maiores sindicatos do país, súmanse á “reivindicación mundial da figura revolucionaria” do mandatario. Para a central nacionalista Fidel é unha inspiración para colectivos como seu, unha “referencia imprescindíbel para os movementos de liberación nacional e na loita polo socialismo, principios fundacionais do sindicalismo nacionalista galego que representa a CIG”. Na súa opinión, os principios revolucionarios de Fidel continúan vixentes hoxe.

Dende o PSdeG pronunciáronse varios dirixentes. O voceiro parlamentar preguntase que pasará agora con Cuba agora que Donald Trump, que acaba de chamarlle  a Fidel  “brutal dictador”,  ocupa a presidencia dos Estados Unidos. “A morte de Fidel é, outra vez, a fin dun longo século XX”, escribiu Xoaquín Fernández Leiceaga.

Homenaxe a Fidel en Santiago de Compostela
Homenaxe a Fidel en Santiago de Compostela | Fonte: EU

O Concello de Oleiros participa nas louvanzas cun comunicado no que cualifica ao político como “o máis importante revolucionario da historia”. 

Na aldea natal do pai de Fidel, en Láncara, Lugo, organizouse unha homenaxe esta mañá. Nela participaron todas as forzas con representación nese municipio: PP, PSOE, BNG e Compromiso por Galicia . Tanto o antigo presidente, Fidel, como o actual, Raúl Castro, son fillos predilectos deste concello.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 anonimo

no veo que el titutar se corresponda con el contenido. Las palabras de Rueda no son un homenaje. Ya sería el colmo, Castro fue un dictador que asesinó a 7000 personas y que encarcelaba a los que le criticaban. No es que los del PP sean unos santos pero la diferencia es abismal y como es lógico no homenajean a semejante personaje.

1 Lerbumbia

Sí, aquí puedes ver alguna de sus atrocidades https://www.youtube.com/watch?v=iRY...

1 Bufffff

Tamén Fidel decretou tres días de loito pola morte do Caudillo. Por certo que coñecía as obras de José Antonio e disque cantara o Cara el sol brazo en alto en múltiples ocasións http://www.despiertainfo.com/2016/1...