O Parque das Galeras de Oleiros (A Coruña) pasará a chamarse Parque Fidel Castro

O Parque das Galeras, situado entre Bastiagueiro e Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña), pasará a denominarse Parque Fidel Castro, segundo informou este sábado o concello.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2016 | Actualizada ás 17:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Parque das Galeras, situado entre Bastiagueiro e Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña), pasará a denominarse Parque Fidel Castro, segundo informou este sábado o concello.

Este espazo público, que se atopa en proceso de ampliación, pasará a ocupar nos próximos meses toda a franxa costeira dende Santa Cruz ata a praia de Bastiagueiro, unha superficie de máis de 100.000 metros cadrados.

O parque que levará o nome de Fidel Castro atópase nunha urbanización que ten as súas rúas dedicadas "a diferentes revolucionarios e liberadores dunha recoñecida traxectoria histórica". Aínda que a intención do Concello de Oleiros era que unha destas rúas levase o nome de Fidel Castro, a negativa do dirixente cubano de recibir este tipo de recoñecementos en vida impediu que se producise.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta