AEDRU 1 de xuño de 2006.- NOTA INFORMATIVA de AEDRU.org (Asociación Estradense para a Defensa do Rural e Urbano).
Os veciños estamos fartos de tantos contos.
Desde AEDRU, creemos que estamos na obriga de ofrecer os inestimables servicios dos nosos asesores urbanísticos, e o Concello ten a obriga de aceptálo, dado que a situación actual deriva de non haber feito caso das súas observacións no informe xeral presentado e solicitado polo propio concello.
Aedru quere informar aos veciños do pobo de A Estrada a súa posición con respecto á dificil situación na que o goberno local deixa ao concello, derivada da redacción do pretendido PXOM que xa está a durar 16 anos e con resultados nefastos. En opinión da patronal, "a economía do concello non pode aguantar máis esta paralización das licencias" que hasta o momento "causóu uns graves danos", dos que espera que "non sexan irreparables", e as mais de 3000 persoas que pediron a correcións do PXOM, están totalmente dacordo con estas afirmacións. Dado que o goberno municipal recoñeceu que non van a dar feito as correcións antes do dia 16 de agosto, fecha límite para o levantamento de suspensión de licencias, a Agrupacion AEDRU, cree que non se pode ter paralizado ao pobo da Estrada por mais tempo, e menos por motivos políticos, polo que exiximos de inmediato SE LEVANTEN AS LICENCIAS DE OBRAS XA, tal como fixemos ao día seguinte de recibir o informe da Xunta.
Os veciños estamos fartos de tantos contos, e a xente do rural síntese moi enganada pois lle prometeron moitas cousas que non van a poder cumplir. Desde este colectivo avalado por mais de 3000 firmas exiximos que se de solución aos problemas por parte dos políticos locais, e si non son capaces de solucionar esto, o normal, é que dimitan e se deixen de tomar o pelo á xente.
As correccións do PPXOM xa debían estar feitas fai moito tempo, sobre todo cando o pedian mais de 3000 persoas, pois o grupo de goberno municipal xa sabía que a Xunta non iba a aprobarlle o PXOM sin corríxilo. Neste caso estáse a demostrar que o pobo foi mais intelixente que o equipo de goberno municipal.
O Pxom está cheo de erros, irregularidades e arbitrariedades que é necesario corrixir xa, e non creemos que agora unha persona descoñecedora da realidade da Estrada poida facer nunhas semanas o que non fixo a comisión de urbanismo en catro anos. Creeemos que o que está a acontecer, é un gran representación teatral política para lavar a cara co gallo das próximas eleccions municipais, que para algúns creemos van a ser as derradeiras.
Eso de que as normas subsidiarias non son aplicables, según dín os técnicos municipais, é un autentico despropósito xurídic, pois ninguén pode sacarse normas do bolsillo que non estén na Lei e a Lei manifesta claramente que o planeamento municipal ten vixencia indefinida mentras non entre en vigor un novo planeamento; polo tanto ao non ter sido aprobado o Plan presentado, éste, non entróu en vigor, o que ven a indicarnos que as normas subsidiarias siguen vixentes, como dice el artículo 92 da Lei do Solo de Galicia.
Xa quedóu demostrado de como o urbanismo en mans do PP, foi utilizado antes das anteriores elecccións, con fins claramente políticos e partidistas, involucrando e enganando a moita xente tan sólo co ánimo utilizar a súas propiedades cara aos seus fins políticos, non dudando en facer ilegalidades, abrindo rúas, inauguradas polo Conselleiro de Política Territorial Señor Cuiña, e polo Conselleiro de Xustiza Señor Palmóu, con falsas promesas de clasificación dos solos para facer creer que estaban a desenrolar A Estrada, cas consecuencias que de todo esto se deriva.
A obsesión municipal de intentar seguir coa paralización de licencias solo ten dúas lecturas:
1º- Ou que pretenden favorecer a algús promotores que están constuyendo agora e que poden vender con moita facilidade ao non ter competencia, ou, 2º- Que non son conscentes do dano que están causando á dinámica económica de A Estrada, o que supón unha ignorancia supina pola incapacidad de xestion sobre os intereses xeráis do pobo.
Caqueira dos dous supostos, é deplorable, e si malo resulta ser o primeiro por corrupto, malo tamén resulta ser o segundo por ignorancia.
O que non entendemos son os motivos politicos polos cales puxeron na mente das xentes a idea de que sin Plan Xeral é a morte de A Estrada e con Plan é a vida, porque como xa dixemos, sin Plan Xeral, rixen as normas subsidiarias e poden darse licencias tanto no rural como no urbano consolidado sin necesidade doutras historias, así como para desenrolar o solo apto para urbanizar ou o industrial, pode facerse mediante planes parciáis, cousa que tiñan que haber feito fai moitos anos e logo modificar puntualmente situacións.
E esto solo indica que é a propia incapacidade do concello, para ir diante das necesidades, porque non é que vaian detrás delas, senon que nunca as viron, por eso non van detrás de nada, como por exemplo nas necesidades de viviendas de protección oficial, as cales non tiñan en absoluto en conta, cando planificaron este PXOM.