Casos varios da provincia de Lugo...
· No último mes (xusto antes de suspender licencias polo novo plan) presentaronse en Foz solicitudes para 6000 vivendas... ¿Canto pagan Los Molineros?
· En Lugo (onde tamén hai novo plan) casualmente o plan novo perxudica a case todo o mundo menos a un coñecido constructor (Hipóto+Pernas); ese plan prevé unha poboación para Lugo de 330000 habitantes (¡Máis que A Coruña)
· En Outeiro de Rei, a empresa Clelcia acadou a recalificación de terreos para varios centos de Chalets xusto no linde co concello de Lugo; aparte neste concello a arquitecta municipal fai bastantes proxectos, o alcalde cobra de todos lados, e a metade das obras fanse sen licencia (que non sen pagar)
· En Monforte (cun plan en revisión dende fai máis dunha década) o arquitecto municipal "asesorado" ( ou por mellor decir "atesorado") polos constructores está prevendo unha vila para uns 100000 habitantes (máis ca lugo)
· En Láncara, O Corgo e arredores; Churrillo (promotor e tractorista) promove solos industriais e xeriátricos á súa medida, pero ca urbanización e servizos por conta do erario público.
· En Sarria, aparte de arquitecto da oficina de rehabilitación posto a dedo polo PP, denuncias nos xulgados polos anteriores encargados co planeamento contra o alcalde, transfuga (Sabela) por motivos urbanísticos, etc. Permítense obras ilegales, o arquitecto citado fai el os proxectos ou "asignalles" arquitecto, etc.
· En Barreiros hai máis construccións que incumplen a normativa (municipal, de costas, de medio ambente, etc.) que construcción que si a cumpren.
E así poderíamos seguir durante horas, e repasando concello por concello non creo que atopásemos máis de... ¿cero? que simplemente cumprisen a lei.