SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2016 | Actualizada ás 18:24 por EUROPA PRESS
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remarcou que o alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, debe cumprir o acordo de transporte para que a área metropolitana empece a funcionar.
"Só pedimos ao Concello que cumpra o seu compromiso, que cumpra consigo mesmo, que cumpra o acordo do transporte metropolitano porque o que di o Consultivo no seu informe é que a área queda constituída, pero non entra en funcionamento mentres que non o faga o transporte metropolitano", subliñou, tras o Consello da Xunta.
Na liña, reiterou tamén que os acordos do transporte metropolitano da Xunta funcionaron noutras cidades con alcaldes de distintas cores políticas e apelou á "equidade".
"Vou defender que todos os cidadáns de Vigo e da área metropolitana teñan os mesmos dereitos que o resto de cidadáns", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.