O Resurrection Fest 2017 pon este martes á venda as entradas para a xornada na que actuará Rammstein

O Resurrection Fest 2017 porá este martes á venda as entradas para a xornada do 7 de xullo, día no que a veterana banda alemá Rammstein aterra en Viveiro (Lugo) na súa única actuación prevista para o próximo ano en España e Portugal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2016 | Actualizada ás 16:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Resurrection Fest 2017 porá este martes á venda as entradas para a xornada do 7 de xullo, día no que a veterana banda alemá Rammstein aterra en Viveiro (Lugo) na súa única actuación prevista para o próximo ano en España e Portugal.

A entrada estará á venda por un prezo de 79 euros e dará acceso ao recinto do festival durante todo o día, nunha xornada na que están programados máis de 30 concertos.

A organización do festival viveirense, que alcanzará o próximo verán a súa duodécima edición, advirte os interesados que o número de entradas para esta xornada será limitado debido á "alta demanda de abonos" para os 3 días de festival, que se celebrará a segunda fin de semana do próximo mes de xullo.

Un total de 63 bandas conforman o primeiro adianto de cartel do Resurrection Fest 2017, anunciado fai unhas semanas, encabezadas polos xa mencionados Rammstein, ou outras grandes bandas como Rancid, Dropkick Murphys, Suicidal Tendencies, Agnostic Front, Comeback Kid, Terror, Snapcase, Deez Nuts ou The Bouncing Souls, entre moitas outras.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta