Temas: IGAPE

Por que se produce o relevo na cúpula do IGAPE?

A Xunta non informou dos motivos do cese de Javier Aguilera. Na nota pública na que se anuncia a súa marcha tampouco figura un agredecemento a súa labor, como é habitual. Tan só transcendeu que volverá ao sector privado, onde fixera carreira como directivo do Banco Pastor. O seu subordinado, Juan Cividanes, toma o relevo.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 16/12/2016 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia anuncia que  que acaba de nomear a Juan Cividanes Roger como novo director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O actual director de Xesgalicia releva no cargo a Javier Aguilera, quen deixa o posto despois de estar á fronte do Igape desde o ano 2011, cando substituíu a Joaquín Varela pola súa imputación na Operación Campeón  e anteriormente dirixir Xesgalicia.

Juan Cividanes
Juan Cividanes

Cividanes Roger, nado en Vigo en 1967, é Master of Business Administration (MBA) pola polo IESE Business School da Universidade de Navarra, licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade Nacional de Educación a Distancia e en Ciencias Económicas pola Universidade Internacional de Cataluña.

Nomeado en 2011 director de Xesgalicia, sociedade xestora de capital risco, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Juan Cividanes recibiu formación nos Jesuítas de Vigo, logo no Montecastelo (colexio do Opus Dei), na UNED, na UIC e na Universiade de Navarra. Conta con experiencia no ámbito da empresa privada, en compañías como Mercagol, Conservas Antonio Alonso, Carrefour, Decathlon ou KPMG.

O posto de director do IGAPE é un dos mellores pagados da administración autonómica, case 60.000 euros ao ano.

Aguilera, director do IGAPE
Aguilera, director do IGAPE
Temas: IGAPE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta