Un libro en galego para coñecer os peixes e outra fauna mariña

A Mesa pola Normalización Lingüística edita un libro con 30 ilustracións de Tokio e destinado aos máis cativos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/12/2016 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

'Os peixes e outra fauna mariña', con 30 ilustracións de Tokio, é un libro editado pola Mesa pola Normalización Lingüística para aprender, identificar e provocar interese polo mundo dos peixes, crustáceos, moluscos e outra fauna mariña nas nenas e nenos.

Cuberta do libro 'Os peixes e outra fauna mariña', editado pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Cuberta do libro 'Os peixes e outra fauna mariña', editado pola Mesa pola Normalización Lingüística.

O libro, de 36 páxinas, ten como obxectivos incrementar o uso do galego na educación infantil, proporcionar materiais en galego para cativos de 0 a 6 anos, potenciar o uso de vocabulario en galego e aprender o nome de peixes comúns.

O volume compleméntase cunha canción de Magín Blanco, “Peixiños do mar”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Obrigados

Alédame que Galicia Confidencial sexa o medio de referencia dos trolls da Galicia Bífida. Grazas mil por manterdes coas vosas visitas a viabilidade da prensa na lingua do noso país.

1 Fartodalingua

Ya sé que libro no voy a regalar.