Impunidade para os asasinos de Jimmy

O xuíz Merchante Somalo decreta o arquivo da causa que investigaba a morte do seareiro deportivista porque “resulta imposible” identificar os autores materiais da súa morte. O Deportivo acusa de "desidia e impunidade" ás autoridades na busca dos culpábeis e a familia de Romero Taboada xa recorreu contra a sentenza xudicial.

Por gcdeportes | A Coruña | 22/12/2016 | Actualizada ás 08:16

Comparte esta noticia

Sostén o xuíz Pedro Merchante Somalo que “resulta imposible” identificar os autores materiais da morte de Jimmy, como tampouco resulta críble a versión ofrecida pola testemuña protexida G303, que na súa declaración apuntou a catro persoas como culpábeis do asasinato, as mesmas ás que apuntaban as investigacións policiais. Nun auto do pasado 14 de decembro, o titular do xulgado de instrución número 20 de Madrid decretou o arquivo da causa que investigaba a morte do seareiro deportivista Francisco Javier Romero Jimmy.

Pancarta dos Riazor Blues no partido de Copa Dépor-Betis.
Pancarta dos Riazor Blues no partido de Copa Dépor-Betis. | Fonte: @fpdeportivistas

En troques, a familia do seareiro dos Riazor Blues xa recorreu o auto e defende que hai “indicios” de presuntos culpábeis. A acusación particular que representa aos familiares de Jimmy xa presentou o seu recurso de reforma de apelación ante o xulgado madrileño. A familia considera que “hai indicios dabondo na investigación policial” para identificar os presuntos culpábeis da súa morte.

Como se temía o deportivismo, tras máis de dous anos de pescudas sen éxito, o xuíz Merchante Somalo acordou o sobresemento provisional e arquivo da peza separada denominada “homicidio y lesiones", aberta hai pouco para a investigación da morte do seareiro deportivistas e das lesións sufridas por Santiago Abaga, o outro afeccionado deportivista que foi guindado ao río Manzanares. O xuíz afirma que “no se puede identificar a nadie con un mínimo de seguridad o fiabilidad” ante “la falta de testigos presenciales” y debido a la “mala calidad del vídeo aportado” por unha testemuña.

A familia de Jimmy considera “determinante” que se chame a declarar á testemuña protexida, como solicitou a Fiscalía, xa que “non se pode inhabilitar a súa testemuña previamente sen escoitalo en sede xudicial”. Non opina así o xuíz, quen sostén que a testemuña xa declarou no xulgado de Menores e, ademáis, lembra que a Audiencia Provincial de Madrid xa desmontou o seu relato. “Dicha declaración no constituye prueba alguna que permita la identificación de los autores”, argumenta Merchante Somalo. “No se trata de un testigo sino de un coimputado protegido”, engade.

Contundente comunicado do Deportivo

O Deportivo volveu reclamar “xustiza para Jimmy” a través dun contundente comunicado no que acusa ás autoridades de “desidia e impunidade” á hora de buscar os culpábeis do asasinato de Jimmy. O club presidido por Tino Fernández expresou a súa “profunda sorpresa, absoluta decepción e total indignación ante o arquivo da causa” e amosou a súa “solidaridade a toda a familia e amigos de Jimmy”.

Pancarta coa lenda 'Jimmy vive' que abría a marcha.
Pancarta coa lenda 'Jimmy vive' que abría a marcha. | Fonte: @RB1987Oficial

“Con absoluto respecto á xustiza, neste caso no que un cidadán coruñés e seguidor deportivista foi asasinado, queda patente o rotundo fracaso da mesma ao pecharse o procedemento sen ter determinado quen son os culpábeis. En pouco máis de dous anos pasouse dunha posición tallante por parte de todas as autoridades competentes para tratar de solucionar o caso á desidia e impunidade polo sucedido en Madrid”, apunta o club herculino. Ademáis, o consello de administración ofrece "apoio nas accións que poidan levar a cabo de agora en diante co xusto obxectivo de que, nun Estado de dereito, haxa, nalgún intre: Xustiza para Jimmy”.

“Paréceme unha vergonza. Dende o principio todo o proceso foi moi raro, Deben de levar na causa uns catro ou cinco xuíces diferentes, parece que están buscando un que lles conveña o que vai ditar, e ao final parece que o van conseguir”, denunciou Tania Gómez, presidenta da Federación de Peñas do Deportivo.

“Cando un caso desta gravedade, un homicidio, a través das cámaras como todos puidemos ver, queda arquivado sen darlle solución, sen esclarecer os feitos nin os responsábeis, é unha mala nova, unha falla de xustiza para as víctimas e para a sociedade. A todos os que cremos na Xustiza parécenos unha mala nova”, comentou pola súa parte o alcalde Xulio Ferreiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

Pedro Merchante Somalo é un bo exemplo desa xustiza que non o é... Supoño que neste asunto as familias dos ASASINOS terán moito que ver para que o caso de Jimmy quede arquivado... Así traballaron durante 40 anos e pensan que van seguir facendo o mesmo? XUSTIZA PARA JIMMY O día 17 de xaneiro en Vigo van xulgar a un INOCENTE cando a Fiscalía non atopa indicios de delito, pero un policía local dí o contrario e basta para condear a Diego a 2,5 anos prisión e 30.000 € por retorcerlle dous dedos da man -disque- a un matón policial ? https://youtu.be/ISy2Ezu68w0 Xustiza á medida dos mentirosos de sempre !!!

1 Forza Celta Forza Depor

Asi nos vai , imbéciles coma Bufff son os que dan ganas de abandonar a esperanza en mellorar, que terá que ver isto con ETA. 400 Fascistas en colaboración coa Policía Española esperan armados para mallar en siareiros Galegos, matando a un e a punto de matar a outro , despois comezan a súa labor a prensa española a difamar e decir mentiras , a aínda temos que aturar a " galegos" que defenden isto, ogallá seas ti o próximo Buff e che dean unha boa tunda e acabes sen vida no río por ser do Dépor ou do Celta.

1 Forza Celta Forza Depor

Vale Buff borraches o comentario, iso demostra a convencido que estas nas tuas palabras, menuda lacra xente coma ti para o noso pobo.