Máis dunha decena de carrozas e uns 500 figurantes participarán na Cabalgata de Reis da Coruña

Un total de 13 carrozas e 464 figurantes participarán o día 5 na Cabalgata de Reis da Coruña, segundo informou o Concello. Nesta ocasión, e para estender as actividades a todos os barrios, a cabalgata partirá de Monte Alto.

A CORUÑA | 27/12/2016 | Actualizada ás 18:59 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de 13 carrozas e 464 figurantes participarán o día 5 na Cabalgata de Reis da Coruña, segundo informou o Concello. Nesta ocasión, e para estender as actividades a todos os barrios, a cabalgata partirá de Monte Alto.

Posteriormente, discorrerá pola Avenida de Hércules, rúa da Torre, Panaderas, Orzán, Santo Andrés Santa Catalina Andrés, Santa Catalina, Cantón Grande e Avenida da Mariña e Montoto para rematar na praza de María Pita.

A comitiva deste ano estará formada por 13 carrozas, sete do Concello e seis de entidades colaboradoras, ademais de catro trens turísticos. En total, participarán 464 figurantes nesta cabalgata na que está previsto que se repartan, só dende o Concello, seis toneladas de caramelos sen glute.

O Concello da Coruña realizou este luns o sorteo que determinou a adxudicación das 323 prazas de figurantes que participarán nas carrozas municipais, así como nos trens turísticos que tamén achega a administración local.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta