Pesca.- Este luns comeza o perído de pesca no río Ulla

O período hábil de pesca no río Ulla comeza este luns 2 de xaneiro e permanecerá aberto ata o 6 de maio. Tamén da comezo no segundo día do ano nas pesqueiras de Areas (Herbón), que se pechará o 25 de marzo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2017 | Actualizada ás 07:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O período hábil de pesca no río Ulla comeza este luns 2 de xaneiro e permanecerá aberto ata o 6 de maio. Tamén da comezo no segundo día do ano nas pesqueiras de Areas (Herbón), que se pechará o 25 de marzo.

No tramo entre As Vellas (Herbón) a Trapa (Herbón) será do 30 de xaneiro ao 22 de abril. Así mesmo, entre a Caseta e Furado (Carcacía) ata Lampreeiro, paraxe das Pesqueiras (Reis), do 6 de febreiro e ata 6 de maio.

Pola súa banda, o período xeral no río Tea será entre o 23 de xaneiro e o 29 de abril. As lampreas péscanse dende pontóns de madeira estacados autorizados previamente nos que se sitúan unhas catro persoas, ao que acceden por un sorteo previo.

O sorteo para a adxudicación de postos de pesca terá lugar no refuxio da Freixa (Ponteareas) o 13 de xaneiro de 2017, ás 11,00 horas. Os pontóns impares pescarán os luns, mércores e venres, mentres que os pares estarán os martes, xoves e sábado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta