A Xunta aumenta as axudas complementarias ao programa Erasmus, ás que destina 1,4 millóns

Tamén manteñen a duración máxima de nove meses, dous máis de tope establecido

Santiago de Compostela | 02/01/2017 | Actualizada ás 18:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou este luns a convocatoria de axudas complementarias ao programa Erasmus e anunciou un incremento do importe, o mínimo pasa de 80 a 105 euros e o máximo de 150 a 175.

Segundo afirmou a Xunta nun comunicado, a convocatoria galega é "a mellor do Estado", pois non solo aumentou a contía senón que tamén mantivo a duración máxima de nove meses da axuda, dous máis que o tope establecido polo Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos.

Para este fin, a administración autonómica habilitou 1,4 millóns de euros, o mesmo que o curso anterior. A convocatoria, que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG), vai dirixida ao alumnado o Sistema Universitario de Galicia (SUG) que participe durante o curso 2016/2017 no Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus Estudio.

No curso 2015/2016 beneficiáronse desta axuda un total de 1.143 estudantes, así mesmo, a Xunta tamén convoca bolsas para os alumnos que realizan un programa de mobilidade en países extracomunitarios.

IMPORTE POR DESTINO E MEDIOS TELEMÁTICOS

Ao igual que as axudas europeas, as bolsas que reciben os universitarios beneficiados por esta convocatoria varían en función do país de destino. Así, aqueles que realicen a mobilidade en estados do primeiro grupo percibirán 175 euros ao mes, mentres que os do segundo grupo recibirán 145 e os do terceiro 105.

Outra novidade desta convocatoria é que por primeira vez a solicitude da axuda deberá realizarse por medios telemáticos, a través de calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede da Xunta de Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta