Temas: LEITE

Galicia perde máis de medio milleiro de granxas lácteas en 2016, o 60% de toda España

Galicia perdeu un total de 524 granxas lácteas entre xaneiro e novembro de 2016. Os gandeiros galegos son os que menos cobran por litro de leite.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2017 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

Galicia perdeu un total de 524 granxas lácteas entre xaneiro e novembro de 2016  —a falta de coñecer os datos do mes de decembro—, ata quedar nun total de 8.554 produtores, fronte aos 9.078 cos que comezaba o ano. De feito, nos 11 primeiros meses de 2016 desapareceron en toda España un total de 873 explotacións lácteas, polo que o 60% delas eran galegas.

Vacas nun camiño rural
Vacas nun camiño rural

Así figura no informe dado a coñecer este martes polo Ministerio de Agricultura no que se observa que o prezo do leite continúa á alza en novembro, sobe 0,4 céntimos ata alcanzar en Galicia os 29,7 céntimos o litro (eran 29,3 céntimos en outubro), aínda que segue como o máis baixo en España.

En xullo de 2016 alcanzouse o prezo máis baixo do leite en Galicia dende maio de 2009, con 26,7 céntimos, e dende entón incrementouse ata case achegarse aos 30 céntimos en novembro no marco dunha suba xeneralizada en España.

Con todo, segue sendo a única autonomía na que os gandeiros cobran menos de 30 céntimos polo litro do seu leite, e está lonxe dos 34,2 céntimos que reciben os produtores da Rioxa, maior prezo peninsular.

Pola súa banda, a produción láctea rexistrou un descenso do 3% en novembro, de forma que queda en 203.383,5 toneladas, unhas 6.000 menos que en outubro. Deste modo, é a segunda cifra mensual máis baixa do ano.

Temas: LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta