O PSOE pide ao PP que explique "por que quere" que Vigo pague as viaxes dos veciños de Mos (Pontevedra)

O deputado socialista Abel Losada instou a presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, a que "explique á xente de Vigo por que quere que pague a cidade o que lle corresponde pagar á Xunta de Galicia", en referencia ás subvencións ás viaxes nas localidades da Área Metropolitana.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2017 | Actualizada ás 18:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O deputado socialista Abel Losada instou a presidenta do PP de Vigo, Elena Muñoz, a que "explique á xente de Vigo por que quere que pague a cidade o que lle corresponde pagar á Xunta de Galicia", en referencia ás subvencións ás viaxes nas localidades da Área Metropolitana.

Nun comunicado de prensa emitido este domingo, Losada invitou a Muñoz a "saír á rúa para explicar aos vigueses" que a súa intención é que Vigo "pague as viaxes" en bus dos veciños de Mos".

Así, acusou a presidenta dos populares vigueses de "defender á Xunta fronte a Vigo", xa que esa foi a razón pola que foi elixida "co apoio de Feijóo e de (Alfonso) Rueda.

"Elena Muñoz permanece na política de hai 20 anos cando se menosprezaba a Vigo e non pasaba nada", continuou Losada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta