Equo, en contra dunhas “primarias ficticias” nas mareas

A anunciada unanimidade entre os colectivos que conforman En Marea para compartir lista non é tal. Polo menos un, Equo Galicia, mostrouse publicamente en contra.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/01/2017 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

“EQUO Galicia rexeita a creación dunha lista oficialista desde o aparato de En Marea”, sinala a formación ecoloxista nun curto comunicado colgado na súa web. Na súa opinión, un pacto entre as diferentes formacións que colaboran na confluencia menoscaba a calidade democrática de En Marea. Para Equo, estamos ante unhas “primarias ficticias nas que só as grandes estruturas poden aspirar a cargos nos órganos de dirección desbotando sistemas realmente democráticos e participativos”.

Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político
Asemblea de EQUO e Espazo Ecosocialista que decidiron unirse nunha Cooperativa Política Galega do Ecoloxismo Político

En En Marea colaboran, entre outros, Podemos, ANOVA, Izquierda Unida, Cerna, Espazo-Equo e numerosas confluencias de ámbito municipal. Até o comunicado de Equo, parecía que todos estaban de acordo en compartiren lista, encabezada polo xuíz Luís Villares, quen foi cabeza de cartel á Xunta.

De todos estes grupos,  probablemente Equo sexa o máis cativo no país; aínda que algúns dos seus militantes ocupan cargos públicos, como Daniel Díez, concelleiro de mobilidade na Coruña.

Daniel Díaz Grandío
Daniel Díaz Grandío | Fonte: equo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Sariña de Oia

Por fin alguén que ve máis alá das boas palabras (baleiras) de En Marea!