SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2017 | Actualizada ás 06:34 por EUROPA PRESS
A cantante Ses continúa a súa xira 'Opoñerse á extinción' o próximo sábado 28 de xaneiro no Teatro Principal de Ourense, tras os dous concertos de presentación do seu novo traballo na Coruña e Narón, nos que esgotou as entradas.
Os ourensanos poderán gozar así da presentación do cuarto disco de Ses, 'Opoñerse á extinción', á venda dende o pasado 2 de decembro e que continúa a liña ecléctica dos seus anteriores traballos, con pezas que van do rock ao blues, pasando pola canción de autor latinoamericana e por novos sons.
Tras o seu paso por Ourense, a artista galega estará no Auditorio Mar de Vigo o 4 de febreiro, no Pazo da Cultura de Pontevedra o 11 de febreiro e o 18 do mesmo mes no Auditorio Municipal de Burela, dende onde dará o salto a Madrid e Bilbao.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.