Denuncian a situación de abandono dos animais nunha canceira de Ferrol

Axena asegura que unha cadela Boxer que pesaba só 18 quilos, engordou dez un mes despois de saír de alí. A canceira de Mougá deféndese asegurando que conseguiu novos amos para 338 animais en 2016.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 30/01/2017 | Actualizada ás 09:15

Comparte esta noticia

A Asociación de defensa da natureza Axena denuncia o estado de abandono no que se atopan os animais, principalmente cans, que se atopan na canceira de Mougá, pertencente á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, así como o conxunto das instalacións 

Boxer adulta que, segundo recoñeceu persoal do centro, levabas 5 meses na Canceira Mougá. Pesaba 18 quilos. Só un mes despois de saír de alí, engordara 10 quilos. Boxer da canceira de Mougá, na comarca de Ferrol, que pesaba 10 quilos cando foi adoptada
Boxer adulta que, segundo recoñeceu persoal do centro, levabas 5 meses na Canceira Mougá. Pesaba 18 quilos. Só un mes despois de saír de alí, engordara 10 quilos. Boxer da canceira de Mougá, na comarca de Ferrol, que pesaba 10 quilos cando foi adoptada | Fonte: Axena

Así, nun artigo publicado na súa web e difundido a través das redes sociais, Axena denuncia o mal estado no que se atopan os canís, “que non protexen aos cans, moitos deles de avanzada idade, das choivas e o frío no inverno nin da calor no verán porque o teito é moi pequeno, e o número de casetas por canil é moi inferior ao de cans polo que a maioría non poden resgardarse”.

Ademais, apunta que a hixiene dos canís é “a miúdo moi mellorable, non sendo raro que se atopen cheos de feces”. Así mesmo, indica que moitas veces a limpeza dos mesmos faise a mangueirazos, cos cans dentro. “Non parece o mellor sistema para non empapar nin asustar aos pobres cans”.

Tamén denuncia o estado dalgúns animais. En concreto, critica a situación dunha cadela bóxer que levaba 5 meses no refuxio e pesaba 18 quilos, e nun só mes adoptada engordou 10 quilos, ou o dun can adegueiro, que “tamén saíu nos ósos, con infección de sangue e unha carracha enquistada”.

Propietarios para 338 animais

A canceira de Mougá depende dos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño. A xerencia deste centro negou estas denuncias e asegura que o centro e as súas dependencias cumpren con todos os requisitos para os coidados dos animais e que non hai cans en situación de abandono.

Cans sen caseta nun canil da canceira de Mougá, en Ferrol
Cans sen caseta nun canil da canceira de Mougá, en Ferrol | Fonte: Axena

En declaracións a La Voz, a dirección da canceira asegura que conseguiu novos amos para 338 animais e logrou que outros 196 que se perderon volvesen ás súas familias durante o ano pasado. Con todo, non puido evitar a eutanasia para 39 cans, 64 gatos e un cabalo.

O Concello tamén destaca o gran número de abandonos que se produciu o ano pasado no que chegaron ás dependencias desta canceira 621 animais, dos que case todos, foron cans (387) e gatos (207). Así mesmo, lembra que o refuxio atendeu a 817 animais en doce meses, dos que 566 foron cans, 215 gatos, sete cabalos e 27 doutras especies.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

9 Marta Perez

Pobres criaturas, es una vergüenza hay que hacer algo ya!!

8 Maria Calo Rodriguez

Esas declaraciones teniendo fotos como prueva me parecen una total falta de respeto hacia todas esas almas indefensas...decir que estan bien atendidos y viendo un pitbul en los huesos ....opinen ustedes pero eso no puede definirse de ningun modo como protectora que como su nombre indica su trabajo es proteger y no ignorar...

7 Patricia

Es más que obvio que los animales están en pésimas condiciones, esto es algo que no se puede permitir más a sabiendas que lo que se pide es algo al alcance, es de lógica que tengan un techo y casetas donde resguardarse de la lluvia y del frío en invierno y de las altas temperaturas en verano.Hay pruebas fotográficas y gráficas donde se puede ver que la higiene es inexistente, rodeados de heces y empapados de agua.Hagan algo por el amor de Dios que son seres vivos y sino métanse ustedes en los caniles a ver cuantos días duran, lo que están haciendo es dejarlos morir de forma agónica, BASTA YA!!!!!!!

6 Firmen, por favor

Hay abierta una recogida de firmas para pedir que mejoren la penosa situación de los animales de esa perrera: https://www.change.org/p/alcalde-de...

5 José Carlos

As fotos son o suficientemente esclarecedoras como para deixar no sitio q lle corresponde á empresa q xestiona a canceira da Mancomunidade de Ferrol e de paso aos políticos dos Concellos q permiten e dan luz verde a esta xestiòn. A estes últimos lle recomendaría q non é hora de xustificar o inxustificable (algo moi común entre a maioría da clase política española) senón de recoñecer erros e buscar solucións. Serei q son medio pardillo pero teño esperanzas de q alguen tome as medidas q hai q tomar e poña solución a esta desfeita.