SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2017 | Actualizada ás 19:58 por EUROPA PRESS
Radio Cos, a banda tradicional que lideran Quique Peón e Xurxo Fernandes, presenta este venres 3 de febreiro en Vigo o seu segundo e novo disco, titulado 'Pasatempo'.
O concerto terá lugar no Auditorio do Concello de Vigo, despois de esgotar as entradas no concerto de A Coruña do pasado 15 de xaneiro, segundo indicaron nun comunicado dende Komunika Kultura.
'Pasatempos' está inspirado no parque homónimo de Betanzos, no que o seu promotor e construtor plasmou unha infinidade de detalles sobre as súas innumerables viaxes arredor do mundo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.