SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2017 | Actualizada ás 17:56 por EUROPA PRESS
Un accidente de tráfico rexistrado este domingo pola mañá no Concello lucense de Xermade saldouse cunha nena ferida. O vehículo no que viaxaba sufriu unha saída de vía cando circulaba pola LU-540, ao seu paso pola parroquia de Roupar.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 8,45 horas deste domingo para dar conta do ocorrido. Segundo indicou, o sinistro puido producirse pola presenza de placas de xeo sobre a calzada.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Vilalba e ao GES de Guitiriz. Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Ao mesmo tempo, a situación foi posta en coñecemento da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), que enviou á zona persoal de conservación.
Noutra orde de cousas, un incendio calcinou parte dun galpón en Foz (Lugo). Na estrutura, situada moi preto dunha vivenda, gardábase diversa maquinaria, ferramentas e leña, que resultaron afectadas as chamas.
En concreto, os feitos tiveron lugar na parroquia de Fazouro. Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 7,45 horas para dar conta do lume. Desde a central de emerxencias do 112 informouse os Bombeiros de Barreiros e ao GES de Cervo. Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.