Un morto en Foz (Lugo) nun accidente ao envorcar o seu tractor

Unha persoa faleceu na tarde deste luns en Foz (Lugo), tras envorcar o tractor co que traballaba. A vítima quedou atrapada debaixo da máquina e tivo que ser excarcerada por un equipo dos bombeiros.

LUGO | 13/02/2017 | Actualizada ás 19:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu na tarde deste luns en Foz (Lugo), tras envorcar o tractor co que traballaba. A vítima quedou atrapada debaixo da máquina e tivo que ser excarcerada por un equipo dos bombeiros.

O sinistro tivo lugar nunha leira de Ferreira Vella, na parroquia de San Martiño de Mondoñedo. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 14,40 horas desta tarde, a través da alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Segundo informou o 112, deuse aviso aos bombeiros de Barreiros (Lugo), que se desprazaron ao momento cun equipo de excarceración. Tamén se alertou ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta