VIGO | 16/02/2017 | Actualizada ás 19:47 por EUROPA PRESS
A XIII edición do Festival Internacional de Cinema Documental Play-Doc, que se celebrará do 22 ao 26 de marzo na localidade pontevedresa de Tui, terá como convidado especial ao realizador franco-canadense Dominic Gagnon, ao que se dedicará unha retrospectiva cos seus traballos de montaxe elaborados a partir de material atopado en Internet.
Segundo informou a organización do evento, Gagnon traballa con vídeos de Youtube de autores anónimos e crea a partir deles "unha especie de comunidade na que estas voces solitarias dialogan entre si e adquiren un novo significado". "O resultado é unha abafadora análise da sociedade contemporánea, chea de elementos traxicómicos", resumiu.
Como parte da retrospectiva que protagonizará o realizador inclúense a súa triloxía 'Big Kiss Goodnight', 'RIP in Pieces America' e 'Pieces and Love All to Hell', así como a súa obra 'Hoax_Canular', e, finalmente, a censurada 'Of the North' --xa mostrada na edición anterior do festival--.
Así mesmo, Gagnon seleccionou nun programa especial dentro do marco do festival as obras que máis influenciaron como cineasta --con traballos de Arthur Lipsett, Gille Groulx, e Claude Jutra, entre outros--, e ofrecerá unha clase maxistral na que mostrará fragmentos da película na que traballa actualmente, 'Going South'.
Unha vez que se clausure a edición deste ano do Play-Doc, o ciclo de Gagnon chegará a diferentes espazos, como o Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña, o centro de cultura contemporánea Tabakalera de San Sebastián e a filmoteca de Valencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.